Burela 12 de agosto de 2014. A xunta de goberno local concedeulle este martes licenza urbanística á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación para proceder á substitución de cubertas e á reparación de danos por filtracións no CEIP Vista Alegre. As obras suporán un investimento de 83.339 euros. O alcalde, José Mª González Barcia, agarda que comecen canto antes e que causen as menores molestias posibles durante o inicio do vindeiro curso escolar.
O rexedor explicou que “na xunta de goberno que celebramos este martes pola mañá concedémoslle licenza á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para levar a cabo o proxecto de substitución da cuberta do CEIP Vista Alegre, de Burela. A obra ten un presuposto de 83.339,12 euros e ven orixinada polo deterioro que ten sufrido a cuberta do colexio Vista Alegre con entrada de auga que afecta fundamentalmente aos locais da segunda planta e tamén a parte da primeira; incluso hai unha zona de soportal onde hai tamén bastantes humidades”.
Segundo González Barcia “todo isto trouxo consigo que tanto dende o propio centro de ensino como dende o Concello fixésemos as xestións oportunas ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para reparar estas deficiencias levando a cabo unha obra seria e coherente e non facendo unha mera chapuza. O centro fíxonos chegar unha proposta que o equipo de goberno asumiu como súa”.
O rexedor indicou que “polo tanto vaise substituír a cuberta de lousa actual por panel de chapa prelacada; ao mesmo tempo vaise proceder a facer unha limpeza de todo o interior afectado pola filtración da auga que se viña dando na actual cuberta, vanse eliminar os mofos, vanse reparar os revestimentos e vanse pintar tamén as paredes afectadas polas humidades e pola presenza de auga. Igualmente vanse impermeabilizar determinadas zonas para evitar no futuro a presenza de auga e tamén se van reparar outros restos de humidades que hai noutros locais do edificio número 1 do colexio Vista Alegre”.
O alcalde dixo que “é unha obra que nosoutros entendemos, dende o Concello, que era prioritaria e así llo fixemos saber á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o centro tamén fixo as súas xestións e de feito esta obra foi anunciada polo propio conselleiro, Jesús Vázquez, nunha visita celebrada hai uns meses aquí, a Burela. Para nosoutros é un motivo de satisfacción que esta obra se leve a cabo, froito das xestións feitas polo centro de ensino e tamén polo Concello e pola receptividade que temos acadado e que se observou en todo momento por parte do propio conselleiro da Xunta de Galicia”.
José Mª González Barcia espera e confío que “as obras comecen canto antes para intentar entorpecer a labor do centro o menos posible. De tódolos xeitos eu creo que esta obra tamén era demandada polos pais e polo tanto aínda que durante un pequeno período de tempo poida haber algún tipo de interferencia, que eu entendo que non vai haber, creo que no fondo todos estamos en predisposición de que, aínda que haxa que pasar por algunha situación incómoda, a obra se faga canto antes, que evidentemente sexa un beneficio importante para o centro e que se eviten xa, dunha vez por todas, estes problemas que se viñan suscitando ano tras ano coa filtración de auga e humidades”. E lembrou que “tanto é así que o verán pasado o propio Concello, con fondos propios e coa colaboración do centro, pintou boa parte dos locais afectados por esta presenza de auga e humidades, pero démonos conta de que a solución practicada o ano pasado de pouco ou de nada valía porque ao chegar o inverno o traballo feito de pintado de aulas íase ao garete”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



