Por iniciativa da Asociación Recreativa Cultural Casino de Mondoñedo en colaboración coa Asociación Cultural Pasatempo, exhibirase o tangueiro esta fin de semana coincidindo co Mercado Medieval. Trátase dunha estrutura de madeira que se empregaba en xogos, con homes a cabalo armados con lanzas que loitaban contra esa figura. Foi un xogo habitual durante séculos e aínda se conservou durante a primeira metade do século XX. A estrutura que se vai expoñer estaba gardada no edificio do Casino, que dende a primavera conta con nova directiva. A exposición instalarase nun baixo da rúa Afonso VII onde a figura se amosará cun texto explicativo de Andrés García Doural, autor do blog “Miscelánea mindoniense”. Os colectivos agradecen a colaboración da súa propietaria, Fina Torres.
Exhibición do tangueiro durante o Mercado Medieval
Exhibición do tangueiro durante o Mercado Medieval
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura