O 6 – 8- 14 cúmprense 125 anos da decraración institucional de Foz como Vila. Foi unha concesión que a Raíña rexente María Cristina fixo ó pobo. O Gobernador Civil comunicaba a nova ó Concello deste xeito: “ El Excmo. Sr. Ministro de la Gobernación, con fecha 7 del actual, me dice lo que sigue: “La Reyna Regente del Reyno, en nombre de S. M. el Rey (Q.D.G.) se ha dignado expedir por este Ministerio el R.D. siguiente: “Queriendo dar una prueba de mi Real aprecio al pueblo de Foz, provincia de Lugo, por el aumento de su población, desarrollo de su agricultura , industria y comercio y su constante adhesión a la Monarquía Constitucional, en nombre de mi Augusto hijo, el Rey Alfonso XIII, y como Reyna Regente del Reyno, vengo en concederle el título de Villa. Dado en San Sebastián a 6 de agosto de 1889, María Cristina. El Ministro de Gobernación, Segismundo Moret.” Dende o ano 1845 a familia Real pasaba os veráns en San Sebastián, e polo tanto a acción de goberno trasladábase a aquela cidade; precisamente este feito marcaría o despegue turístico da mesma, pois aínda naqueles tempos de tan precarios medios de comunicación era incesante a chegada de personalidades do estado e do estranxeiro para despachar os mil asuntos coa realeza e co goberno español.Decidido pola Familia Real fixar alí a residencia para a tempada estival, o mesmo ano (1889) iniciaronse as obras de construcción do fermosísimo Palacio de verán “Miramar”, para todo o séquito, dende hai moitos anos motivo de visita para cantos turistas chegan a ela; a edificación do mesmo durou catro anos. A singular beleza do lugar non só ven definida polo artístico edificio senon tamén polos grandes e moi coidados xardíns que os arrodean, formando a chamada “área romántica”.
Os focegos “acogieron tan fausta nueva – a do título de Vila- con indescriptible satisfacción y entusiasmo general por el vecindario y parroquias…”.Houbo na igrexa solemne “Te Deum” de grazas e festexos populares para celebralo. Descoñecemos en qué consistiron èstes, pero sí o que se gastou neles: 70 pesetas…
Suso Fernández



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



