Ribadeo, 26 de agosto de 2014.- Máis de cen persoas acudiron o pasado domingo á observación astronómica que tivo lugar no praza de España, organizada pola Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo e pola Universidade de Santiago de Compostela. O edil Horacio Cupeiro explicou que “á cita acudiron moitas persoas, que se atopaban por aquí de vacacións, e tamén veciños de Ribadeo. Moitos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, xente nova e tamén adultos”. O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “todos gozaron desta observación porque puideron ver os anillos de Saturno e de Venus, así coma diferentes constelacións”. Dous astrónomos dirixiron a observación, tarefa para a que contaron con dous telescopios. A vindeira observación astronómica terá lugar o 6 de setembro ás 22:30 horas en Remourelle.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



