Nordés, a asociación para o desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 21, 22 e 23 de agosto as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que, como é xa habitual, teran lugar no pobo de O Barqueiro (Concello de Mañón).
As devanditas xornadas, das cais lle facemos chegar o cartaz en arquivo adxunto, seguen la liña das anteriores coa apertura a novas temáticas sin perder de vista aquela que foi básica para o seu nascemento: a recuperación da chamada memoria histórica da bisbarra, é dicer, aquila que se centra nos anos da II República, Guerra Civil e represión franquista.
Exemplos do aumento de temas son a conferencia que abre a Xornadas, e que se centrará no Centeario da 1ª Guerra Mundial facendo unha aproximación ós feitos pasados en Galiza nos que iste conflicto foi protagonista. Estamos a falar do Congreso Internacional pola Paz que se levou a cabo en Ferrol no ano 1915. Para iste acto contaremos co historiador e Presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández.
O venres 22 sí está máis centrado nos feitos da Guerra Civil e posguerra coa evocación da memoria e feitos da guerrilla antifranquista. Alejandro Rodríguez falaranos dos conflictos internos no seo da propia guerrilla, cuxo froito máis definido foi o abandono e fuxida de moitos dos seus integrantes, caso da saída dun grupo dende a praia de A Abrela, no concello de O Vicedo. Tamén se proxectará dentro diste acto o documental de Helena Villares e Pilar Faxil “A cidade da selva”.
Para o sábado téñense programadas varias cousas, escomenzando cun roteiro didáctico que nos levará a percorrer as varias escolas construídas coas aportacións económicas da Unión Mañonesa, asociación de emigrantes fundada en Cuba en 1907. O roteiro contará como guieiros con Bernardo Penabade, Diana M. Rodríguez e o experto no asociacionanismo da emigración en Cuba Sixto Gómez.
Ás 8 da tarde contaremos de novo con Juan Carlos Salgado, que si ven en novembro pasado nos falou do afundimento do submariño alemán U966 en augas próximas á Estaca de Vares, esta vez se centrará nos ataques ós pesqueiros galegos durante a 1ª e 2ª Guerras Mundiais, así cómo na Guerra Civil. O título da súa poñencia é “Pescando en augas perigrosas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”.
Seguirá o sábado cunha cea de fraternidade no Restaurante Relojes, para o cal haberá que reservar primeiro chamando ó teléfono 653 756 454.
E para rematar un concerto co título de “Cancións para un tempo de loita”, e que pódese definir coma unha segunda parte do recital co que se pecharon as Xornadas do ano pasado cun grande éxito de público e animación. De novo será Andrés Rodríguez, músico de O Carballiño, quen evocará as cancións que soaban nos ámbitos contestatarios durante o franquismo e maila transición, moitas dilas convertidas en himnos de loita universais.
Os actos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, agás o roteiro que terá como ponto de partida a Escola da Unión Mañonesa restaurada en Mañón, a cea no lugar xa indicado, e o concerto que será en “O Bar Queiro” .






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



