“O PP de Viveiro non minte. Iso deixamolo para outros. Neste caso, para a Alcadesa de Viveiro, a Sra. Loureiro”.
O pasado domingo 10 de agosto sinalaba en distintos medios de comunicación, que o PP de Viveiro mentía cando decíamos que catro traballadores da piscina non tiñan cobrado o mes de xuño. Pois ben, no día de hoxe 13 de agosto, a súa concelleira de facenda e presidenta do consello de administración de Turviveiro en declaracións publicadas no xornal o progreso di literalmente “la empresa terminó la semana pasada de abonar las nóminas del mes de junio a los trabajadores, sólo está pendiente la del gerente “. Isto ben a probar quen minte, posto que na reunión do consello de administración do 4 de agosto quedou ben claro que había 4 traballadores sin cobrar, feito posto en coñecemento dos presentes nesa reunión non precisamente polo representante do PP. O certo é que a día de hoxe aínda hai un traballador da piscina, e isto é o verdadeiramente lamentable, que todavía non percibiu o seu salario tal e como se desprende das palabras da Concelleira de Facenda, polo tanto queda acreditado quen minte neste asunto. Minten os que xa nos teñen acostumados a facelo, minten os que non cumplen e os que non asumen as súas responsabilidades ó fronte do goberno municipal para tratar de dar solución os problemas dos veciños de Viveiro.
Ó PP de Viveiro non deixa de sorprendernos, que despois de levar dous meses sin pasar os recibos da piscina, a Sra. Concelleira de facenda nos pretenda facer ver como un éxito a firma dunha conta bancaria cunha entidade para a domiciliación dos recibos e poder facer así algo que se prevé como básico e normal para o funcionamento da piscina, que non é outra cousa que o cobro dos recibos ós usuarios. Resulta inaudito que non se lle dese solución a este asunto durante dous meses, sinxelamente cremolo porque o vemos, senón sería difícil de crer tal nivel de pasividade e inacción por parte dun representante público.
En definitiva minten aqueles que din que se farán reunións periódicas para o seguimento da evolución de aparcamentos a Mariña e dende abril non teñen convocada a primeira. Minten os que non cumplen o que aproban por unanimidade, por exemplo no Pleno do 25 de outubro o equipo de goberno socialista apoiou unha moción presentada polo PP para a aprobación do presupostos do 2014 antes do remate do 2013, e o asunto está como está. Minten os que traen fora de plazo os pliegos da gardería, os pliegos do matadoiro, os que non poñen a funcionar a perrera municipal, os que teñen sen elaborar a ordenanza dos taxis cando o prazo remataba o 15 de xullo de 2014, minten os que teñen o PXOM paralizado, e eses non son outros que os responsables do goberno municipal socialista, encabezados pola Sra. Loureiro.
O PP de Viveiro seguirá demandando solucións reais e viables para que os veciños de Viveiro poidan seguir disfrutando, nas debidas condicións, dun servicio tan utilizado como é a piscina muncipal, polo que lle pediremos a Sra. Alcadesa que se deixe de escurrir o bulto e se adique a dar solucións os problemas do noso Concello.