Viveiro, 19 de agosto de 2014.- O Partido Popular de Viveiro lamenta que unha vez máis – e xa van once anos – non se interpretase o himno Español no izado de bandeiras das Festas Patronais de 2014.
Tal e como sinalabamos dende o ano 2003, data na que accederon o goberno municipal de Viveiro os socialistas, non se ten volto a tocar o himno de España neste acto que da inicio as nosas festas e polo visto, este ano tampouco ía ser unha excepción, xa que unha vez máis, o equipo de goberno socialista liderado agora pola Sra. Loureiro, mostrou o seu desprecio e a súa cabezonería para impedir que todos os veciños de Viveiro que nos sentimos tan galegos coma españois, así como todos aqueles que nos visitan estes días puidesemos escoitar, xunto co himno da nosa comunidade, o himno que nos representa a todos, o himno español.
Realmente é unha pena constatar como a Sra. Alcadesa, ben sexa por cabezonería ou ben por cobardía política, non rompese coa herencia do seu antecesor e dispuxese a interpretación do himno español, mostrando así o respecto que se lle supón debe de ter polos nosos símbolos nacionais e que nos representan a todos.
O PP de Viveiro, que xa presentaramos no Pleno do 1 de agosto de 2013 unha moción para que se interpretase o himno de España no izado de bandeiras – moción que foi rechazada cos votos do PSOE e do BNG, e que obtivo o respaldo de IVI e o noso propio -, seguiremos perseverando e apostando porque neste noble acto de inicio das Patronais viveirenses se interpreten os himnos de Galicia e de España, apoiados na firme convicción de que non sobra nada, máis ben ó contrario que é toda unha honra para aqueles que nos sentimos galegos e españois escoitar o himno da nosa comunidade xunto co da nosa nación.