A asociación “Amigos das Excursións” de Burela prepara para os días 16 a 21 de setembro unha saída que percorrerá Cáceres, Mérida, Almonte, o Rocío, Huelva, Xerez, Pobos Brancos, Cádiz, Alxeciras e Xibraltar. A saída terá lugar o martes 16 de setembro ás 23 horas desde a Igrexa Parroquial de Burela, e o custo da viaxe será de 240 euros por persoa, en pensión completa. O prezo non inclúe o custo das entradas aos diferentes museos e demáis lugares. As persoas interesadas poden apuntarse antes do 7 de setembro nos números 627 367 430 ou 982 580 067 (Ángel Vigo).