O deputado popular no Congreso reivindicou “a política que serve aos galegos” durante unha visita a unha explotación gandeira de Guntín xunto a outros representantes do Congreso, deputados autonómicos, alcaldes e gandeiros
Guntín, 10 de maio de 2025. Francisco Conde puxo en valor que “a presión do PP foi decisiva para que hoxe os gandeiros galegos se sintan máis aliviados” en relación aos ataques que o lobo ten provocado nas súas explotacións.
O deputado nacional e os tamén representantes do PP lucense no Congreso, Jaime De Olano e Cristina Abades, os deputados autonómicos Nicole Grueira e Enrique Barreiro, o alcalde de Guntín, Ángel Pérez, e outros representantes do PP lucense escoitaron de man de gandeiros os prexuízos que provoca a especie nas explotacións gandeiras de distintos puntos da provincia e, de forma especial, nas de réxime extensivo, durante unha visita a unha granxa no municipio.
Primeiro, a aprobación no Congreso a iniciativa do Grupo Popular para que o Goberno de Sánchez retirara a especie da Listaxe de Especies Silvestre en Réxime de Protección Especial (LESPRE) permitiu a súa xestión. E a aprobación no Parlamento Europeo da proposta da Comisión Europea para rebaixar o status de protección do lobo de ‘estritamente protexido’ a ‘protexido’ supón un ”reforzo na seguridade xurídica fronte aos extremistas”. Así mesmo, aclarou que “a especie continuará a estar protexida, pero será xestionable en toda Europa como vimos defendendo no Partido Popular dende 2017”, apuntou.
A POLÍTICA QUE SERVE
Conde reivindicou, polo tanto, “a política que serve: a do Partido Popular defendendo os interese dos galegos e das galegas” en relación ao traballo dende fai anos do PP dende o Goberno galego e as distintas cámaras e da man dos sectores afectados para garantir o equilibrio entre o lobo e a gandería.
No lado oposto, “BNG e PSOE que se opuxeron á proposta posicionándose en contra do rural galego. O BNG votou en contra en Europa e en Galicia. O PSOE contradise: en Europa intentou ata o último momento manter a protección máxima para o lobo introducindo unha emenda, mentres que no Parlamento de Galicia votou a favor da iniciativa do Partido Popular recoñecendo o efecto da especie para os gandeiros galegos”.
O deputado popular asegura que “non hai que elixir entre protexer ao lobo ou á gandería, hai que xestionar con rigor e sentido común para promover a súa convivencia. Non son incompatibles, so hai que antepoñer a técnica á ideoloxía”.
Os datos son concluíntes: 14.000 reses mortas polo lobo no último ano en España (40 ao día), máis de 3.200 en Galicia no 2024 das que a metade, máis de 1.600, foron contabilizadas na provincia de Lugo.
Conde explicou que “a nova Directiva Hábitats será aplicada en España sen necesidade de trasposición”. É dicir, no mesmo momento no que se publique no boletín da UE, será de aplicación inmediata en España grazas a que “o Partido Popular logrou aprobar as emendas introducidas no Congreso á Ley de despedicio que prevén esa aplicación inmediata no momento en que cambiase a regulación europea”.
O BNG, OS DO NON A TODO, PRIORIZAN A PROTECCIÓN DO LOBO Á DEFENSA DOS GANDEIROS
Pola súa banda, os deputados autonómicos Nicole Grueira e Enrique Barreiro salientaron a aprobación no Pleno do Parlamento de Galicia celebrado esta semana dunha proposición non de lei (PNL) a través da que se manifesta o apoio da Cámara galega á rebaixa do nivel de protección do lobo e ao restablecemento do equilibrio entre a preservación desta especie e as actividades gandeiras desenvolvidas no rural.
“Lamentablemente, esta iniciativa do Grupo Popular non contou co voto favorable dos de sempre, os do non a todo, xa que os deputados nacionalistas decidiron rexeitar esta proposta seguindo a súa liña negacionista”, indicaron os deputados.
Neste sentido, consideran “lamentable que o BNG priorice a protección ao lobo fronte á defensa dos gandeiros de Galicia, nun exemplo máis do seu ecoloxismo fanático e irresponsable que só supón perdas para os nosos produtores”.
Ademais, os representantes do PP lucense no Parlamento de Galicia criticaron “a incoherencia amosada polos socialistas neste asunto, xa que, despois de amosar no Parlamento galego o seu apoio á rebaixa da protección do lobo, dous días despois votaron en contra desa mesma rebaixa no Parlamento europeo”.
“Un exemplo perfecto de falta de coordinación e de incongruencia por parte dos socialistas galegos, pero lamentablemente algo que non nos sorprende en absoluto dada a falta dun liderado firme neste partido, totalmente submiso ao que lle marcan os independentistas para manterse no poder, influíndo incluso no seu voto no Parlamento europeo”, concluíron.





















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



