Eran os anos 80. Un grupo de veciños, unha lenda mariñeira e moitas ganas de manter viva a historia dunha serea deron lugar a unha festa tradicional, que saíu do pobo e que levaba o nome de Maruxaina. Ao principio eran os propios veciños os que gozaban dela, con tanta forza e tanta implicación que a fixeron cada vez máis grande. Pero os cantos da Maruxaina cruzaron fronteiras e cada vez máis xente quixo coñecer esta historia local. Os veciños, co seu traballo e a súa ilusión conseguiron a declaración de festa de Interese Turístico Galego e contribuíron a que o nome de San Ciprián fose ligado ao da nosa ninfa dos Farrillós.
Un ano máis puidemos celebrar a Maruxaina, e descubrir cal é a fonte do seu éxito: Uns organizadores que traballan de forma incansable, antes, durante e despois da festa. Veciños que senten a Maruxaina, que se desvelan pensando en cada detalle, e aos que só lles preocupa que a xente o pase ben. É un traballo altruísta, ao que dedican máis tempo do que dispoñen, no que deixan o corpo e a alma. E así o sentimos os veciños.
Por iso, só podo dicir grazas. Grazas a todas e cada unha das persoas que formades parte da Asociación Amigos da Maruxaina pola vosa dedicación. E grazas tamén por manter sempre a esencia da festa, por dar a coñecer a lenda da nosa serea, por darlle vida e por facela real cada segundo sábado de agosto. O voso traballo é impagable, ao igual que a diversión que creades en todas as persoas que participan nesta festa.
Por suposto, o meu agradecemento a todos os empregados municipais, que foron moitos e de diferentes servizos, que estiveron traballando ou en vilo para que San Ciprián fose lugar de festa pero tamén de normalidade. Uns empregados públicos que estiveron involucrados dende os días previos ata as xornadas posteriores e que traballaron de forma eficaz e con resultados visibles.
Polo tanto, grazas a todos por facer posible, co voso esforzo, que San Ciprián vibre un ano máis coa Maruxaina.
Alfonso Villares, alcalde de Cervo.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



