Ribadeo, 11 de agosto de 2014. Ribadeo volverá acoller este verán o xa tradicional Festival Internacional de Música Clásica. O evento levarase a cabo a partir do vindeiro venres, 15 de agosto, e contará cun programa formado por doce concertos e un taller de clases maxistrais que xa vai pola súa segunda edición. Entre os músicos invitados deste ano estarán o clarinetista coroado coa Orden de Canadá James Campbell, o violinista Jerzy Kaplanek ou a soprano Leslie Fagan. Os concertos celebraranse a partir do día 17 no Auditorio Hernán Naval, agás o do mércores 20 de agosto que terá lugar no centro de terapias naturais ribadense nAmor. As entradas poderán adquirirse nas propias localizacións dos recitais dende unha hora antes de que estes comecen e os prezos serán de 12 euros para entradas soltas e 75 euros para abonos.
Dende o Concello de Ribadeo, patrocinador do festival, a concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, comentou: “que este sexa xa o noveno ano quere dicir que se trata dun festival moi consolidado que temos entre nós e que xa forma parte das citas habituais da cultura ribadense no verán. Creo que é unha cita que esperan tanto a xente de fóra que nos visita coma a propia de Ribadeo”. A concelleira resaltou que “despois do inicio do festival fóronse dando unha serie de modificacións porque se entendía que tiña que implicarse coas entidades musicais que temos no noso concello: tanto coa escola de música como coa banda municipal e con todas as asociacións e entidades locais que se dedican á música ou fan unha aposta pola nosa cultura. E tanto foi así que o ano pasado se iniciaron unha serie de talleres que este ano se seguen consolidando e que contan con un programa moi ambicioso”. Álvarez Lastra agradeceu o traballo de Leopoldo Erice “que conta con Ribadeo e está sempre á disposición do noso Concello para organizar este evento. Trátase de algo que el vive profesionalmente, pero que tamén no seu tempo libre decide poñer o seu grao de area para facer esta actividade.”
Pola súa parte, Leopoldo Erice, organizador do festival, adiantou que “la novena edición del Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo consiste en una serie de charlas concierto y en un taller en el que los artistas del festival dan clase a estudiantes de música. El objetivo del festival es acercar la música clásica al público para que este se enriquezca culturalmente y entienda mejor las obras que se interpretan en los conciertos.” Erice afirmou que “desde el primer año hemos contado con artistas de primera categoría y este año no va a ser una excepción. Tendremos con nosotros a la soprano canadiense Leslie Fagan; al cuarteto Penderecki, con músicos que vienen de Polonia, Hungría, EEUU y Canadá; al pintor asturiano Guille Fernández, que ofrecerá como novedad un concierto con música y pintura en directo en el escenario; y al clarinetista James Campbell, que viene por tercera vez. También me hace una ilusión enorme contar con el narrador ribadense Toni Deaño que recitará en castellano las letras de las arias que Leslie Fagan cante.”
O responsable do IX Festival Internacional de Música Clásica recordou que “la programación estará detallada en la taquilla del Auditorio y en la web del festival www.fimcr.com” e agradeceu “el apoyo del Ayuntamiento y de los patrocinadores y las instituciones, sin los que este festival sería imposible”.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



