O vindeiro venres 3 de outubro, ás 20.30 horas, no teatro Pastor Díaz de Viveiro, Chus, Conchita, Saleta, Cayetana, Mercedes, Ana, Yeni, Mª Luisa, Lola, María Elisa, Suso, Roque Antonio Hortensio e Marta volven a representar a obra inédita “Nin se compra nin se vende” que organizan as catequistas de San Francisco xunto aos colaboradores: Germán, Gino, Jorge, Fran, Tito, Eloy e Jaime da Hermandad das Sete Palabras, ademais da Residencia Betania de Viveiro, Deportes Cota, Pili Irimia e o Concello de Viveiro.
As catequistas agradecen a colaboración de todos os anteriores e explican que “cando organizamos estes eventos, o recaudado sempre é para unha obra benéfica. Nesta ocasión será destinado a Cáritas de Viveiro, dado que últimamente, nesta situación de crise, necesita axudas económicas para poder seguir a súa laboura de colaboración cos máis necesitados, polo que lle damos as gracias públicamente”.
As entradas para a representación teatral estarán a venda con antelación en: Deportes Cote e Paquetería Irimia, e se o día da función, quedaran entradas por vender, poderánse adquirir no Teatro Pastor Díaz dende as 19.30 horas.