O Campionato de España de bolos 2014 desenvolveuse entre o 6 e o 7 de setembro na localidade asturiana de Tineo coa participación de xogadoras das dúas principais federacións: Asturias e Galicia.
Por parte do Club de Bolos Xove desprazáronse a este campionato dúas xogadoras, Dolores Baño e Maricarmen Roca que conseguiría proclamarse subcampioa de España despois de quedar por diante de dúas grandes favoritas na primeira fase clasificatoria: Blanca Lago e Laura Legaspi, campioas dos anos 2012 e 2013, respectivamente.
Xa en semifinais, Maricarmen conseguiu gañarlle a Ana Canto do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei, plantándose na gran final. Na outra semifinal Blanca Lago, do Club de Bolos Estivada do Val Miñor, venceu a Laura Legaspi, de O Cadaval.
Finalmente, a pontevedresa impúxose á mariñá, a pesar de que esta última comezara gañando.
Con todo, dende o Club de Bolos Xove destacan o subcampionato desta xovense e “o fenomenal papel realizado polas xogadoras da provincia de Lugo, xa que nos 4 primeiros postos conseguiron meterse 3 xogadoras”, segundo explica Ginés Rodríguez.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
