Lourenzá, 11 de setembro de 2014. Os veciños de Lourenzá poden apuntarse ata o vindeiro mércores 17 de setembro en calquera dos tres cursos que oferta o Concello para a vindeira tempada. O primeiro deles está destinado a aquelas persoas inscritas no réxime agrario, aos seus familiares, ou a desempregados que desexen mellorar os seus coñecementos en materia de informática. O segundo tamén ten carácter formativo e está dirixido ás persoas que formen parte destes tres mesmos colectivos e queiran formarse na manipulación de produtos fitosanitarios.
A terceira actividade, ó contrario que as dúas anteriores, non ten carácter gratuíto e cumpre unha función lúdica. Trátase dun curso de baile de salón a nivel básico, tanto para maiores coma para nenos de máis de 3 anos. Tal e como explicou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, estas actividades levaranse a cabo sempre e cando se conte cun número mínimo de 15 inscricións. Os interesados poden facer efectivas as súas matrículas na Oficina Técnica de Emprego do Concello, ou recibir información no teléfono 982.12.10.06.
A rexedora municipal anunciou que “a día de hoxe temos aberto o prazo no Concello de Lourenzá para anotarse en dous cursos de formación e un lúdico. Os de formación son de informática, que terá unha duración de 30 horas, e de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios, que terá unha duración de 25 horas. Ambos cursos van dirixidos a aquelas persoas que estean en réxime especial agrario e ós conxugues ou fillos destes e a desempregados. A data límite para anotarse é o próximo mércores, 17 de setembro, e hai que dicir que estes cursos só se farán no caso de que haxa un mínimo de 15 persoas interesadas. Tamén queremos aclarar que estes cursos terán carácter gratuíto”.
Emma Álvarez engadiu que “tamén mantemos aberto o prazo para inscribirse no curso de baile de salón que o Concello de Lourenzá pon en marcha en colaboración coa escola de baile deportivo e de salón Goldance. O curso levarase a cabo un día a semana nas dependencias do Concello e versará sobre clases de baile de festa e de salón, que serán impartidas por profesores titulados na máxima categoría que existe en baile deportivo. Tamén teñen intención de dar clases de baile a nenos a partir de 3 anos, sempre e cando haxa xente interesada. Para anotarse a este curso tamén está aberto o prazo ata o mércores 17 de setembro, aínda que neste caso a actividade si terá un custe que deberán asumir directamente os interesados coa escola de baile”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



