Lourenzá, 23 de setembro de 2014. O programa da XXIV Festa da Faba de Lourenzá inclúe degustacións, mercados, ruta de tapas, exposicións, competicións deportivas e actividades musicais do 3 ao 5 de outubro. Na presentación, celebrada esta tarde, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, destacou que a administración autonómica colabora con esta festa de interese turístico e co sector da faba.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, empezou explicando que “a Festa da Faba cumpre 24 anos. Os días 3, 4 e 5 de outubro a Faba de Lourenzá será a protagonista desta cita gastronómica que comezou no ano 1990 froito dunha iniciativa do Concello de Lourenzá, sendo alcaldesa Fe Rodríguez Rocha, quen tivo unha idea brillante para promover o consumo da leguminosa e incrementar o seu prezo. Dende aquela primeira edición, que consistiu na celebración dun concurso de fabas, a festa foi in crescendo non só a nivel gastronómico senón tamén na súa programación lúdico cultural. Así as exposicións, o baile, a música, teñen o seu propio espazo dentro do programa de actos. A festa, considerada o evento máis importante do ano, homenaxea, promove e comercializa a faba como produto de alta calidade, reunindo durante os días de celebración a produtores, compradores, tratantes e consumidores. A celebración pretende apoiar aos colectivos de fabeiros, hostaleiros e comerciantes, imprescindibles no desenvolvemento económico desta legume. Ademais salientase a potenciación da Faba de Lourenzá como un produto delicatessen dentro da nosa gastronomía, así como dar a coñecer os bens patrimoniais e culturais do val de Lourenzá, unha zona que desenvolve a súa actividade arredor do cultivo e a comercialización da faba”.
A rexedora municipal engadiu que “o máis esperado a estas alturas, aparte do programa, é o cartel que anuncia a festa. Nesta edición apostamos por dar continuidade ao Concurso de Carteis e esta convocatoria fíxose aberta a todos as idades, resultando gañadora Mila Orol Mel, veciña de Lourenzá. A súa proposta é un cartel coas fabas de protagonistas. O pregoeiro será Carlos Andrés González Paz, historiador medievalista nado no concello de Alfoz, dobremente titulado pola Universidade de Santiago de Compostela (España) e pola Universidade do Porto (Portugal). Na actualidade desenvolve a súa investigación no Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, centro mixto dependente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia”.
Emma Álvarez también anunciou que “o sábado á mañá procederase á inauguración oficial da XXIV Edición da Festa da Faba, este ano da man de Tomás Fernández-Couto Juanes, Secretario Xeral de Medio Rural da Xunta de Galicia. Un dos apartados máis importantes de toda festa gastronómica é a degustación que se fai do produto a promocionar.
Este ano poñemos á venda 1.200 racións de faba en diferentes preparacións. As degustacións serán o sábado e o domingo a mediodía. A faba de Lourenzá será presentada en cunca de barro, conmemorativa da Festa da Faba e poñeranse á venda a 5 euros a ración. Os asistentes poderán regar as nosas fabas con viño do Consello Regulador da Ribeira Sacra, que aínda que non pode estar presente cun stand na feira por estar en vendima, brindáronse a colaborar con nós neste irmandamento culinario poñendo á venda 250 litros de viño embotellados para esta emblemática celebración. Por segundo ano, os asistentes poderán degustar Potaxe de fabas de Lourenzá á antiga usanza, que consiste na preparación dun prato que se acostumaba a comer nestas terras e que está elaborado a base de fabas e callos. Acompañando este prato tamén se poderán degustar fabas con bacallau e grelos, na xornada do sábado; e fabas con setas, o domingo. Nesta edición a asociación de comerciantes da Lourenzá (ACIAL) organiza esta actividade. Os cociñeiros profesionais de hostalería encargados de elaborar este exquisito manxar son os laurentinos Jorge López e Xé Redondas”.
A alcaldesa tamén destacou que “ademais da degustación de cuncas de Faba de Lourenzá, a maior parte dos establecementos de hostalería do casco urbano, concretamente 10, participan no VIII Concurso de Tapas con Faba de Lourenzá ofrecendo como acompañamento ás consumicións de forma gratuíta máis de 20 estilos distintos de cociñala dende o venres á noite ata o domingo a mediodía. Os viños do venres á noite estarán acompañados da actuación musical a cargo de Aires do Padornelo, que previamente farán un pasarrúas polo casco para animar o ambiente. Neste ano 2014 o recinto feiral estará situado no interior do claustro do Mosteiro de San Salvador e no exterior do mesmo. No interior participarán 38 expositores chegados de todos os rincóns de Galicia e tamén de Asturias. Estarán representados distintos sectores: alimentación (queixo, mel, repostería, embutidos, etcétera), cosmética natural, artesanía en coiro, téxtil, madeira e outros. Este ano os asistentes poden ver unha demostración de traballos artesanais de tear triangular ó longo dos dous días do evento. O artesán que o levará a cabo é José Ramón Carballeira, de Cospeito. No exterior do recinto continuarase co resto dos postos de artesáns, que xunto cos postos de fabeiros serán un gran atractivo para os visitantes que se acheguen estes días ó noso concello”.
Para Álvarez Chao “os fabeiros son a esencia da festa, eles son os que con dedicación e esmero cultivan as fabas que despois degustamos. Como é tradición, as casetas de fabeiros estarán na Praza do Conde Santo, ao redor do quiosco da música. A distribución das casetas e a organización interna das mesmas é coordinado polo consello regulador da IXP Faba de Lourenzá. Todos os produtores que participan están inscritos na IXP Faba de Lourenzá, pero cabe destacar que para poder comercializar o produto baixo a Indicación Xeográfica Protexida teñen que estar envasadas en sacos de 1 quilo ou medio quilo. Por iso o mercado ao por maior que se realiza o domingo á mañá é de faba a granel”.
A alcaldesa rematou explicando que o orzamento do evento é de 10.000 euros e agradecendo “o apoio da Xunta de Galicia, hoxe representada na persoa de Raquel Arias, pero tamén a dúas entidades que levan anos colaborando economicamente no apoio deste evento; son Caixa Rural e ABANCA. E non podo deixar de manifestar o meu descontento coa actuación doutro ente supramunicipal, a Deputación de Lugo, que dá as costas á Faba de Lourenzá e á súa festa, posto que de todos é sabida a colaboración económica prestada para outras festas doutros concellos, algunha das cales sen ser de interese turístico, e para a XXIV Festa da Faba aportan ao Concello de Lourenzá 0 euros”.
A concelleira Lupe Flórez Seivane fixo referencia aos actos culturais e lúdicos máis destacados que haberá dende o 3 ao 5 de outubro en Lourenzá: obradoiros de cestería no claustro do Pozo Santo; actividades de Sogama para fomentar a reciclaxe de residuos, que se realizarán na Praza Linares Rivas; o concurso de tapas, no participan 10 establecementos hostaleiros; e as actuacións musicais organizadas polo Concello e as das festas de San Marcial, que corren a cargo da asociación Conde Santo.
Pola súa parte, Raquel Arias afirmou que “a Xunta de Galicia colabora decididamente con esta Festa de Interese Turístico, a través de Turismo de Galicia, e co sector da faba, que exerce como un dos motores dinamizadores do municipio de Lourenzá e da súa contorna dende o punto de vista económico, pero tamén turístico, social e cultural”.
A delegada territorial da Xunta tamén dixo que a cita da primeira fin de semana de outubro “é a culminación de todo un ano de traballo constante tanto para produtores como para organizadores”. Na opinión da representante do Executivo galego, “a festa remata cun esforzo conxunto co que se aproveitan non só as posibilidades agrícolas da zona, senón que tamén se actúa para xerar valor engadido a través da faba noutros ámbitos”. Neste sentido, referiuse á colaboración de distintos departamentos da Xunta cos produtores e co propio Concello para a produción deste cultivo e para o desenvolvemento de distintas actividades relacionadas co mesmo.






















O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.



