O Concello de Ribadeo ven de emitir un aviso oficial sobre a lista electoral única do Tribunal do Xurado que comprende aos electores do termo municipal -ordenados alfabeticamente- referida ó 1 de agosto de 2014. Estará exposta no departamento de estadística entre o 17 e o 23 deste mes de setembro. O sorteo terá lugar na Sala de Vistas da Audiencia Provincial de Lugo o vindeiro 24 de setembro.
Exposición pública da lista electoral única do Tribunal do Xurado en Ribadeo