Burela, 23 de setembro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, valora de xeito moi positivo a visita que onte cursou á Mariña o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Para o rexedor burelés “todos os asuntos vencellados con Burela aos que aludiu, ratifican o seu compromiso con esta comarca en xeral e co noso concello en particular, como o demostra a referencia que fixo aos accesos o porto, obras que comezarán nos prazos previstos, e tamén ao Hospital da Costa. O presidente da Xunta dixo que as obras deste centro poderían licitarse en 2015. Alberto Núñez Feijoo fixo anuncios concretos sobre actuacións moi importantes para o noso concello”.
Sobre o obradoiro que o Concello de Burela comparte cos de Cervo e Xove José Mª González Barcia sinalou que “estamos moi satisfeitos de cómo está a funcionar a colaboración con Xove e con Cervo”. E engadiu que “as actuacións que están a levar adiante @s alumn@s de pintado de sinalización horizontal nalgunhas rúas de Burela e nalgúns edificios municipal demostran a preocupación do equipo de goberno por manter en condicións óptimas de ornato a nosa vila”.
Barcia finalizou agradecéndolle á Xunta a súa colaboración permanente co Concello de Burela a través da financiación dos obradoiros de emprego e dos cursos de formación de desempregados, sinalando que “sen a axuda da Xunta, seríanos imposible poder facer nada ao respecto”.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



