Barreiros, 22 de setembro de 2014. O departamento de Servizos Sociais do Concello ofrece información sobre as axudas económicas da Xunta para xente con baixos ingresos, que poderán solicitar todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos nas pertinentes convocatorias.
Segundo informa o Concello, a través dun bando da Alcaldía, as axudas ás que poden optar son: exención no canon da auga para persoas en risco de exclusión social e concesión do ticket eléctrico social de Galicia.
As persoas interesadas en obter máis información sobre estas axudas da Xunta, así como para a súa tramitación, poden pasarse polo departamento de Servizos Sociais de luns a venres, “solicitando cita previa no seguinte número de teléfono: 982 124 002”.