A Mariña, 10 de setembro de 2014. A campaña de axuda a Palestina xa deu os seus froitos co traslado á Fundación Aragüaney en Compostela de varias caixas pola urxencia de axuda humanitaria, mais tamén debido a que a nivel galego a cantidade de material recollido fai necesario partir en varios envíos o volume recollido. Con todo, o BNG e os colectivos e persoas que se sumaron á campaña na comarca, mantéñena ate finais de mes para envíos posteriores.
Entre os produtos sanitarios e doutro tipo que máis se precisan están os antibióticos(con caducidade posterior a 2014), analxésicos, vendas, gasas, material de sutura, material de curas, material protésico, leite en po para nenos, cueiros para nen@s e adult@s, xabrón, tendas de campaña, soros (salino e glucosado), etc.
Paz e solidariedade mariñá fronte ás armas e a ocupación
As persoas que queiran colaborar poden mercar nas propias farmacias os produtos e depositalos nas caixas existentes nos establecementos, onde serán asesorados sobre aqueles máis necesarios, ou ben revisar nas súas casas material deste tipo que non precisen e poidan desfacerse del. Desde os colectivo promotor explican que “entre o material xa enviado hai antibióticos, analxésicos, ansiolíticos, medidores de tensión, gasas e outro material de curas, antiinflamatorios, pañales de nen@s e adult@s, leite en po, próteses, etc.” “A sociedade mariñá demostrou coa cantidade de material recollido a súa impresionante capacidade para solidarizarse cun pobo, como é neste o Palestino, ofrecendo paz e axuda fronte ás armas, a ocupación e o apartheid do estado israelí e os seus aliados internacionais.”
A campaña continuará ate o 25 de setembro
Os colectivos e persoas promotoras da iniciativa agradecen o apoio e colaboración das farmacias da comarca que xa suman 18, despois da novas incorporacións nestes últimos días. Insisten en que a pesar de ser trasladado a Compostela un primeiro lote de material, a campaña seguirá tal como estaba previsto ate o 25 de setembro.
Farmacias da Mariña incluídas na campaña:
LOCALIDADE | ESTABLECEMENTO | ENDEREZO |
BURELA | FARMACIA CASARIEGO | AVDA. ARCADIO PARDIÑAS, 95 |
BURELA | FARMACIA O PARQUE | Rúa Pardo Bazán, 24 |
CERVO | FARMACIA CABODEVILA | AVDA. DE GALICIA, 14 |
FOZ | FARMACIA FÁTIMA MAAÑON | AVDA. DA MARIÑA, 21 |
FOZ | FARMACIA ANTONIA ULLOA ROO | AVDA. ALVARO CUNQUEIRO, 2 |
FOZ | FARMAFOZ | CORPORACIÓNS MUNICIPAIS, 66 |
FOZ | FARMACIA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MANUEL Mª | ESTDA. XERAL, 26 – NOIS |
FOZ | FARMACIA FÁTIMA SAA QUINTAS | MESTRE LUGILDE, 16 |
FOZ | PARAFARMACIA FOZ | XOÁN MONTES, 1 |
RIBADEO | FARMACIA ÁLVAREZ LEBREDO | RÚA REINANTE, 6 |
RIBADEO | FARMACIA MONTSERRAT IGLESIAS | RÚA RAMÓN GONZÁLEZ, 10 |
RIBADEO | FARMACIA DÍAZ FERNÁNDEZ | RÚA VILAFRANCIA DO BIERZO, 5 |
RIBADEO | FARMACIA BOADA GARROTE | AVDA. DE GALIZA, 23 |
S. CIBRAO | FARMACIA VIZOSO VILLARES | AVDA. DA MARIÑA, 68 |
VIVEIRO | FARMACIA PEDRO CASARIEGO | RÚA PASTOR DÍAZ,1 – ESQUINA PRAZA MAIOR |
VIVEIRO | FARMACIA DOLORES CASARIEGO | RÚA PASTOR DÍAZ, 21 |
VIVEIRO | PARA FARMACIA ÁRNICA | RÚA MARGARITA PARDO DE CELA, 11 |
VIVEIRO | PARA FARMACIA ÁRNICA | RÚA GRANXAS, 19 COVAS |