CADERNOS DA VIAXE. O Dereito e a Política haberían ser útiles aos intereses xerais e boas ferramentas para resolver problemas. Se non os resolven e mesmo se invocan para perpetuar os existentes ou crear outros novos, compre reformalos para súa potencialidade ás demandas sociais.
Analisando a cuestión dende a visión puramente xurídica, o president catalá Artur Mas convocou este día unha consulta non vinculante (non un referéndum, coma o escocés) ao abeiro dunha lei catalá aprobada polo 85% do seu Parlament, no exercicio legal dunha competencia autonómica que o Tribunal Constitucional recoñeceu na súa sentenza do 2010, cando recurtou substancialmente o marco estatutario pactado entre os Parlamentos estatal e catalán contribuíndo moitísimo ao actual sentimento arredista de boa parte da sociedade catalá. Porén, o artigo 161 da Constitución dalle ao Presidente do Goberno do Estado a competencia que lle nega aos Presidentes da Xunta ou da Generalitat: a mera interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei e/ou contra a convocatoria da consulta determinará a suspensión da mesma en Dereito.
Mais o problema político non remata con esta suspensión. Porque o conflito sítuase entre dúas lexitimidades que xurden do voto cidadán e non se resolve antepoñendo España a Catalunya, nin unha cidadanía á outra. A aparente contradición xurídica esixe unha solución política, moito máis cando a recente votación escocesa aprendeunos que por votar non caen as pontes nin rachan os países nin enferman as persoas. Á cidadanía catalá non se lle pode convencer da súa eterna minoría de idade nin da súa incapacidade para decidir o que nomeadamente lles cumpre dicir, malia que a cidadanía do conxunto do Estado teña tamén dereito a determinar algunha das premisas do resultado final.
Entón, a solución é pactar regras de xogo que fagan viábel a convivencia. O marco europeo habería garantir a unidade de mercado e a común acción, moito máis entre pobos con semellantes vencellos históricos. Os mecanismos de soberanía compartida, como ven de manifestar o lehendakari Urkullu, poden resolver a desafección.
Pero mirar cara outro lado e chamar polos maxistrados do Tribunal Constitucional que nomeaches para que che resolvan o problema non fai senón enquistalo e deixar ceibo o camiño á gangrena.
Xoán Antón Pérez-Lema




















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



