Mondoñedo, 05 de setembro de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo asegurou este venres que o incendio sufrido na tarde de onte na zona da Rocha vén a confirmar as advertencias dos populares sobre a perigosidade que entraña o abandono e o descoido tanto de espazos, como de inmobles públicos municipais.
Esta localización do entorno do cemiterio vello é un foco de inseguridade dado a maleza que a invade dende fai anos ante a falta de actuacións de limpeza e de roza por parte do bipartito do Concello. O Partido Popular de Mondoñedo solicitou a través dunha moción o adecentamento desta zona, pero ao parecer, lamentan os populares, o PSOE e o BNG esperan a que acontezan desgrazas para actuar.
Neste senso, os populares agradecen a actuación inmediata dos servizos de emerxencias xa que a falta de rapidez provocaría que a matogueira existente se convertese nun importante foco de expansión do incendio iniciado no alpendre. “Estase ante unha zona ubicada ao lado do casco histórico, polo que as consecuencias poderían chegar a ser moito maiores”, aclararon dende o Partido Popular.
Nin limpan, nin vixían
Os populares apuntan tamén que a falta de actuación por parte do equipo de goberno local non se resume só na inexistencia de limpeza na zona; senón tamén na carencia de control.
O Partido Popular explica que o alpendre no que se deu o incendio, que todo apunta a que é de titularidade municipal, serve de lugar de encontro entre a xuventude, tanto que alí se albergaban mesmo colchóns e sofás. Polo tanto, é necesario unha maior garantía de seguridade e máis tendo en conta que se puido ver afectada xente moza.
“Pagámoslles para que manteñan coidado o pobo”, di o PP
Os populares consideran “vergoñento” o estado que presenta a zona da Rocha, o que cualifican de “non permisible”. “Os mindonienses están a pagar dúas dedicacións exclusivas, para que atendan as responsabilidades de goberno e manteñan en bo estado os espazos e as dependencias municipais”; matizaron dende o Partido Popular
Os populares advertiron en tempo e forma
Ademais de urxir en pleno o adecentamento do entorno do parque do Cemiterio Vello “ao consideralo inseguro e perigoso”; o Partido Popular tamén solicitou “de xeito urxente” ao bipartito mindoniense un calendario de desbroces tanto no casco urbano como no rural.
O equipo de goberno de Mondoñedo dispón dos medios necesarios para realizar estas labores, xa que a maiores da brigada de incendios a administración local tamén conta cun tractor municipal. “Só a desidia, a falta de preocupación e a inexistencia de traballo por parte do PSOE e do BNG son as responsables de circunstancias como a dada na tarde de onte”, matizaron dende o Partido Popular.
Neste senso, os populares refiren a moitas outras zonas que presentan un importante estado de abandono e nas que se pediron actuacións, sen ser atendidas ata o de agora. Como exemplo, o PP cita o espazo habilitado para aparcamentos detrás dos xulgados, sobre o que hoxe en día medra a herba, sen realizar labores de limpeza.
A maiores, os populares tamén lembran que en reiteradas ocasións urxiron a posta en marcha dun plan de emerxencias de “imperiosa necesidade tanto para o rural como para o casco urbano, debido sobre todo as características da localidade, que facilitan a propagación dos incendios”, lembraron dende o Partido Popular.
“Por que non actuou ata agora o equipo de goberno local?”, pregúntanse dende o Partido Popular, “a caso hai que esperar a que se dean feitos como o incendio da Rocha?”, concluíron dende o PP.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



