Este xoves 25 de setembro finaliza na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña o “Obradoiro de cultivo de arbustos e plantas silvestres”.
Esta acción formativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do Programa Operativo FEDER/FSE de Galicia 2007-2013, Eixe 2 e tema prioritario 70-71, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
Os beneficiarios deste obradoiro recibiron formación básica e de tipo laboral específica que mellorou a súa empregabilidade, así como tamén a súa calidade vida a través do traballo de habilidades sociais e hábitos prelaborais báiscos. O obradoiro contou cun total de 180h de formación teórico- práctica adaptada as necesidades dos beneficiarios.
Con actuacións deste tipo estase a traballar pola integración e a inclusión social das persoas con enfermidade mental na comunidade, no mercado de traballo e , en definitiva , na sociedade.