Veciños de Lourenzá e Trabada poderán participar nunha viaxe a Vigo para asistir como público ao novo programa da Televisión de Galicia Boas tardes, que presenta Luis Fraga. O autobús sairá o día 29 deste mes de setembro, luns, ás 12:15 horas dende a Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá. O programa é un magacín de actualidade cunha duración de 2 horas e 20 minutos. Ao rematar o espazo a organización ofrecerá unha merenda. Os interesados en asistir deben apuntarse nas oficinas municipais de Lourenzá presencialmente, chamando ao teléfono 982.12.10.06 ou por correo electrónico á dirección empregolourenza@gmail.com antes do día 22 deste mes.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



