A Deputación publicou este xoves a listaxe de admitidos e excluídos das novas 50 bolsas Leonardo da Vinci, dirixidas a lucenses menores de 35 anos, con titulacións relacionadas coa agricultura, silvicultura, pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. A listaxe pódese consultar no taboleiro de anuncios do organismo provincial ou en www.deputacionlugo.gal.
Un total de 63 mozos da provincia aspiran ao medio cento de novas becas que ofrece o organismo provincial, a custe cero, grazas aos fondos europeos que captou. Están dotadas de 231.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea nun 30% con fondos propios cos que asume gastos de desprazamento, aloxamento, manutención, transporte local e cursos de idiomas.
Das 68 persoas que solicitaron as bolsas, foron admitidos 63. Para os que non presentaron correctamente toda a documentación, deberán achegar, nun prazo de 3 días naturais a partir do día seguinte á publicación da listaxe, os documentos necesarios.
Cal é o seguinte paso?
Os admitidos agora deberán superar unha proba de coñecemento que consistirá, segundo as bases, na realización por escrito dun cuestionario tipo test de 20 preguntas e media hora de duración, no que se valorarán os coñecementos do aspirante no sector educativo de procedencia aplicado ás características sociais e económicas da provincia luguesa, así como o coñecemento do programa Leonardo da Vinci e doutros proxectos europeos vinculados á Deputación de Lugo. A proba terá lugar o vindeiro venres día 7 de novembro, no Salón de Actos da Deputación, ás 12:00 horas. Os participantes deberán acreditar a súa identidade mediante a presentación do DNI. Máis información no 982-26-02-16 ou en becasleonardo@deputacionlugo.org.
63 admitidos, 5 sectores e 22 Concellos
O sector de protección medioambiental e o de viaxes turismo e ocio, copan as 63 solicitudes das bolsas, con 20 cada un. Ségueo o sector de ciencias da vida, con 15 solicitudes, e o de informática e agricultura, silvicultura e pesca, con 4 cada un.
Atendendo ao municipio de procedencia, 30 dos admitidos son do Concello de Lugo, 4 de Foz e Sarria, respectivamente, 3 de Viveiro, e outros 3 de Pol. Do Concello de Cospeito e O Vicedo proceden 2 participantes de cada un. 15 municipios rexistran un participante (A Pontenova, Baleira, Baralla, Barreiros, Burela, Castro de Rei, Castroverde, Cervo, Monforte, Navia de Suarna, Ribadeo, Samos, Taboada, Vilalba e Xove.
310 “Leonardos” lugueses
Con esta nova convocatoria, son 310 as bolsas Leonardo da Vinci postas en marcha pola Deputación na provincia nos últimos tres anos, ou o que é o mesmo, 310 lugueses beneficiados, posto que, como recollen as bases, para optar a unha beca non se pode ter sido beneficiario anteriormente dunha axuda do programa Leonardo da Vinci.
A institución luguesa faino co obxectivo de mellorar a formación dos partipantes, con prácticas en prestixiosas empresas de Europa, para facilitar a súa inserción laboral de volta no país. Teñen unha duración de 3 meses e medio. Nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán cursos de idiomas. Durante 3 meses, farán prácticas en recoñecidas entidades, vinculadas coas súas profesións, de países como Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros. Durante todo o proceso, contarán cun titor, que fará un seguimento continuado da súa formación.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



