Cada outono, Mondoñedo vóltase lugar de cita para milleiros de festeiros e feirantes de diversos puntos de Galicia, e de fora dela, atraídos pola singularidade dun evento prestixiado ó longo dos tempos: as súas feiras e festas das San Lucas. O engado da ancestral cidade engaiola a quen se achegan a ela co espíritu disposto e a sensibilidade receptiva para captar a mensaxe histórica que, desde un desusado silencio, emana das vellas pedras que labraron os seus artesáns; dos sons das melodías dos músicos insignes ou dos versos apaixoados dos seus egrexios poetas, Pero chegadas as datas das San Lucas a cidade adquire unha nova dimensión: o xentío, festexeiro e barullador, invade as rúas e , a cidade, cal vella e paciente matrona, amorosamente acolle no seu regazo a cantos a ela acuden, á procura dunhas horas de solaz na compaña de xentes ás que a longa historia investíu de fidalguía e do don da xenerosa hospitalidade.
As feiras das San Lucas conservan, en boa medida, o feitizo dos vellos feirais e seguen a ser ocasión para mercar os mellores productos naturais e artesáns da bisbarra; as noces, as castañas e o mel; a cerámica, as pezas de buxo e os cestos de vimbio ou os mais insospeitados artiluxios de antiga usanza, que fan das San Lucas un singular certame comercial, no que prevalecen valores xa case esquencidos e sobre todo, como escribiu Cunqueiro “os potros bravos, os fillos do vento, as greas peludas e asustadizas que para acudir ó feiral patean as pedras da calzada romana”..Mondoñedo conserva o engado da súa personalidade diferenciada.Cada outono mariñán ten o mais importante evento festeiro, comercial e social nas seculares As San Lucas, efeméride para o encontro obrigado das xentes que se espallan por unha comarca que ten como centro xeográfico a torre da catedral da Asunción, e que acuden á chamada da histórica campá coñecida por A Paula.Como confirmación da antigüedade das feiras, digamos que éstas, as San Lucas, son 55 anos mais vellas que a catedral de Santiago. Non falte á cita, lector amigo.
Suso Fernández


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



