Lourenzá, 15 de outubro de 2014. O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 21 de outubro, unha charla informativa para dar a coñecer aos veciños o proceso que deben levar a cabo se queren solicitar axudas para fomentar a silvicultura. Están tramitadas a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ofrecen achegas de ata o 50% no investimento de particulares e comunidades de montes que efectúen traballos de poda ou roza forestal. A conferencia levarase a cabo ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Concello, e estará impartida por Ramón Rozadillas, xefe do servizo de Montes da Consellería de Medio Rural en Lugo.
Os asistentes poderán coñecer neste acto todo o referido á técnica da silvicultura, consistente en cultivar e coidar os bosques forestais para obter deles unha produción sostible e continuada. Así mesmo, os interesados descubrirán cales son os pasos que deben seguir á hora de tramitar as súas solicitudes para poñer en práctica esta técnica forestal.
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, anunciou que “o martes 21 de outubro terá lugar na Casa do Concello unha charla informativa sobre a orde de axudas que foi publicada en días pasados, que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva e que están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Esta orde leva consigo beneficios para os solicitantes de ata o 50% do investimento para rareos, rozas ou podas. Nela poderán participar tanto particulares coma comunidades de montes. O prazo para solicitalas e dun mes dende que foi publicada, o pasado 2 de outubro, co cal remata o prazo para pedila o vindeiro 3 de novembro. Esperamos que sexa de interese para os produtores de madeira do noso concello e que estes asistan para saber de primeira man con que axudas contan para facer este tipo de silvicultura no monte”.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



