O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou entre as 5,00 e as 18,00 horas de hoxe un total de 379 incidencias a causa do temporal de choiva que está a afectar a Galicia e que no interior da provincia de Pontevedra acadou o nivel de alerta vermello durante esta tarde.
A pesar de que a provincia de Pontevedra foi a máis afectada, tamén xurdiron incidencias en Ourense, na costa da provincia da Coruña e no interior da provincia de Lugo.
Entre os cortes nas estradas a causa da intensa choiva, cabe destacar que a estrada LU-125, Bretoña (LU-122) – Lindín (LU-124) foi cortada ó tráfico na noite do mércores 15 de outubro por un deslizamento de terras no PK 9+000.
Ata que a situación meteorolóxica non mellore, non poderá ser arranxada. Mentres, permanece sinalizado o perigo e unha ruta alternativa.