Este mes de outubro volven os Foros Permanentes para Mulleres que organiza o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo. O vindeiro 26 de outubro terá lugar unha nova edición dos ‘Domingos a pé’. A andaina discorrerá entre Rinlo e Ribadeo pola costa. As participantes viaxarán ata Rinlo nun autobús que sairá ás 11 da mañá da praza de España, nas inmediacións do bar Breogán. As interesadas en acudir a esta actividade poden obter máis información e inscribirse no CIM ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 120 739.
Domingo a pé entre Rinlo e Ribadeo
Domingo a pé entre Rinlo e Ribadeo
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura