Santiago, 8 de outubro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria axilizará este ano o pago das axudas ao alumnado que inicia este curso estudos no Sistema Universitario de Galicia ao decidir convocalas de forma separada ás bolsas que se destinan ao estudantes que continúan estudos en 2º e posteriores cursos. Ao facelo en dúas convocatorias, todos os estudantes que cumpran os requisitos da convocatoria e que teñan unha nota media de acceso á universidade entre o 5 e o 5’5 poderán recibir estas axudas sen esperar á resolución da convocatoria do Goberno central. Unha vez o Ministerio de Cultura, Educación y Deporte resolva as súas bolsas, a Consellería publicará unha segunda convocatoria para a continuación de estudos, con iguais requisitos ca na do ano 2013.
O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad publica hoxe no Diario Oficial de Galicia esta primeira convocatoria, dirixida ao inicio de estudos no SUG, así como a dirixida ás persoas desempregadas que se matriculen no presente curso académico nun máster universitario oficial.Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia dá resposta ás necesidades do alumnado de grao universitario que non cumpre cos requirimentos académicos da convocatoria do Ministerio por ter unha media entre o 5 e o 5,5. Así mesmo, impúlsase que os xa titulados completen a súa formación con estudos oficiais de posgrao, facilitándolles o acceso aos mesmos ás persoas que se atopen en situación de desemprego co fin de que poidan ter maiores oportunidades de acceder ao mercado laboral.
Inicio de estudos
No que atinxe á convocatoria de inicio de estudos, o importe destinado á mesma – 400.000 euros- multiplica máis que por 4 os 94.530,31 euros concedidos o ano pasado a través de 151 axudas. Para acceder a estas bolsas os aspirantes deberán estar matriculados por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do SUG dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas que conducen á obtención dun título oficial de grao, e acreditar ter unha nota media de acceso igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5’5.
Os limiares de renda e mais o resto dos criterios para obter estas axudas poden consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe, no enlace web http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0002_gl.html . O importe máximo da axudas ascenderá a 862,9 € para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,1 euros para as titulacións da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
Mestrados
No caso das axudas para os mestrados, diríxense ás persoas tituladas universitarias en situación de desemprego que se matriculen este curso 14/15 dun mínimo de 60 créditos nun máster universitario oficial no SUG. Para acceder ás mesmas, deberán ter obtido o seu título universidade con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011 e estar inscrito como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior ao ano de presentación da solicitude, entre outros requirimentos que se poderán consultar nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia.
A Consellería destinará para estas axudas un total de 200.000 euros – a mesma cantidade que o curso pasado- e a bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula destes estudos de posgrao. A contía máxima será de 1.881,6 € e a mínima de 1.215 euros. No curso 2013/2014 beneficiáronse destas axudas 73 persoas, para o que se adxudicou un importe de 108.708, 09 euros.
A convocatoria pode consultarse no DOG, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141008/AnuncioG0164-031014-0001_gl.html.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



