O vindeiro sábado 8 de novembro vai ter lugar o II Mercado de Outono con produtos de horta de temporada na inmediacións do parque Concepción Arenal do Valadouro que contará con cogumelos, bonito en conserva, pan de cea, marmelos … e moito máis… Aínda quedan postos vacantes polo que animan a que se inscriban nas oficinas da Casa da Cultura do Concello do Valadouro ou por teléfono no 982 571 516 antes do vindeiro mércores 5 de outubro. Este mercado estacional desenvolveuse dentro dunha carpa entre as 10.00 horas e as 14.00 horas do día 8 de novembro nas inmediacións do parque Concepción Arenal. Esta actividade desenvólvase como complemento ó magosto popular que se celabrará esa mesma xornada no mesmo lugar pola tardiña.






















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



