Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
O día 26 de outubro comezou o prazo para resintonizar o cambio de frecuencia das canles de TV, dito prazo prolongarase ata o 1 de xaneiro de 2015. O Ministerio de Industria envía axudas á Xunta de Galicia por un valor de 19 millóns de euros para que as comunidades de propietarios poidan percibir as subvencións presentando a factura do instalador oficial e a documentación, tal e como se indica na páxina web habilitada a tales efectos.
O noso Concello ten en propiedade os reemisores de TV situados na Tora en Covas, Landrove, no Faro en Faro – Area e a antena receptora en Escourido, todos eles para enviar o sinal de TV ás zonas con sombra e con dificultade para captar dito sinal da TDT, e de cuio mantemento se ocupa unha empresa local contratada polo Concello.
Por este motivo lle preguntamos ó Goberno local se “a día de hoxe realizou algunha xestión para levar a cabo os citados cambios que hai que acometer nos reemisores de TV do Concello” e sobre “a data na que ten previsto o Goberno local adaptar as centralitas dos reemisores de TV propiedade municipal coas novas canles de TV”.
Por outra banda, na rúa Alonso Pérez (Camiño vello) no tramo fronte ó Xulgado hai pouco alumeado público, o que xunto a estreitez e ó tráfico existente nesta rúa, motivan certos riscos para os viandantes e conductores. Por iso pregunta ó goberno local se ten constancia deste feito e que medidas van tomar para solventar esta falta de alumeado no mencionado tramo desta rúa
Así mesmo, nos plenos do 20/06/2013 e do 06/03/2014, este grupo municipal realizou varias preguntas dirixidas á Alcaldia relativas a posta en funcionamento do alcantarillado e o pozo de bombeo para os servicios dos barrios de Hermosende, Pontigo e Parraguesa da parroquia de Galdo, dado que a obra civil levaba rematada máis de tres anos. A resposta da Alcaldía foi que Begasa esixía un reforzo de línea e que se estaba negociando coa empresa suministradora o enganche eléctrico. Por este motivo lle preguntamos, unha vez mais á Alcaldesa “cal é o ultimo presuposto de Begasa para esta obra e para cando teñen previsto, dunha vez por todas, a posta en funcionamento deste alcantarillado”.
Noutra orde de asuntos, recorda Celestino García que “a fonte pública do Barrio de Pénjamo leva varios anos sin manar auga por motivos que descoñecemos. Os veciños deste Barrio lamentan a falta de auga en dita fonte, por eso lle preguntamos á Alcadesa “se o goberno local fixo algunha xestión para tratar de recuperar dita fonte” e se “ten elaborado algún tipo de presuposto ou acción encamiñada a resolver este problema que permita os veciños de Pénjamo disfrutar desta tradicional fonte”.
Tamén apunta que “no pleno do 20 de Xuño do 2013 acordouse por unaminidade, dar o nome dunha rúa ó ilustre poeta vivariense Don Carlos Oroza, trasladandolle o acordo ó interesado, asi como que se estudiaría nunha comisión informativa a que rúa se lle daría o seu nome. Por motivos que descoñecemos non se realizou, ata a data, a mencionada comisión, a pesares de que xa transcurriu mais dun ano do acordo plenario. Por esta razón lle preguntamos á Alcaldesa cando teñen pensado convocar a comisión informativa para decidir a rúa que leve o nome de tan ilustre poeta vivariense e que xestións se fixeron co poeta D. Carlos Oroza para a súa homenaxe durante estes últimos meses”.
Finalmente, apunta que “varios veciños de Magazos fixeronnos chegar as súas queixas sobre o mal estado no que se atopan as beirarrúas a ambos lados da estrada xeral, desde a curva de Xunqueira ata o Barrio da Capilla en Magazos, o que ten provocado varias caídas de viandantes. Mostra deste mal estado témola nunha chapa de ferro que leva varios anos nunha das beirarrúas tapando un oco”. Ante esta problemática preguntan á alcaldesa “se o Concello ten previsto adecentar estas beirarrúas e para cando contan facelo”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



