Os alumnos do CEIP San Cosme viaxaron este xoves 16 de outubro ata a Ribeira Sacra para coñecer de primeira man esas terras que aspiran a converterse en Patrimonio da Humanidade. Comezaron o percorrido no concello do Saviñao, no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Miño do século XII, Monumento Nacional e logo visitaron a Adega Moure. De alí viaxaron a Monforte de Lemos onde fixeron unha parada para comer antes de viaxar en catamarán polos Cañons do Sil dende o embarcadoiro de Doade (Sober). Rematarán a visita no Centro Oleiro de Gundivós coñecendo a arte da cerámica negra. Trátase dunha viaxe organizada pola Asociación de Pais, froito dunha subvención concedida pola Área de Cultura da Deputación Provincial. Ante tan positiva experiencia a pesar do mal día, a ANPA agradece a todas as persoas que colaboraron: o equipo docente, o Concello de Barreiros e, por suposto, “ás persoas encantadoras que nos recibiron na Ribeira Sacra”.























O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



