Ribadeo, 13 de outubro de 2014. O Concello de Ribadeo presentou hai uns días alegacións ao plan de conservación de As Catedrais. Nelas avoga, entre outras cousas, por poder conciliar a conservación e preservación de todo o patrimonio natural coa dinamización económica local, en base a un desenvolvemento sustentable. O documento, con data de 10 de outubro, está composto por 16 páxinas nas que se inclúen dous anexos. Un sobre a importancia xeomorfolóxica da costa entre As Catedrais e a Illa Pancha e outro sobre o patrimonio arqueolóxico que reforzaría os valores do propio parque natural.
O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a Xunta teña en conta as suxestións realizadas desde o Concello e que os axustes a acometer se realicen de forma gradual.
O rexedor declarou que “dende o Concello de Ribadeo, despois de estudar durante estes 15 días de prazo para facer alegacións, con técnicos do Concello en materia de turismo e desenvolvemento local, e con técnicos cualificados de fóra que nos están botando unha man de maneira desinteresada e de maneira moi importante, dada a relevancia que ten a praia das Catedrais para a economía ribadense e para a da comarca, penso que paga a pena esforzarse por tentar facer as cousas ben”. E explicou que “presentamos unha serie de alegacións, todas elas baseadas e fundamentadas na boa fe e no espírito de colaboración que debe presidir as relacións entre as administracións públicas. E si cadra, aínda que valoramos positivamente algunhas das cuestións que se formulan neste plan de conservación deste monumento natural, coma a capacidade de carga, aínda que cun estudio real moi pouco axeitado de tan só dous días de observación. Tamén ten cousas importantes coma a identificación de zonas de conservación ou o recoñecemento por parte da Xunta de Galicia finalmente de que hai unha problemática de xestión do espazo”.
Suárez Barcia dixo que “tamén vemos con preocupación importantes lagoas que se non se abordan ben, supoño que con intención de facelo ben por parte da Xunta, podemos acabar tendo uns problemas moito máis graves. Somos os primeiros que recoñecemos que esta situación de masificación non se pode dar sistematicamente no tempo e que hai que regular e limitar se é preciso. Pero o que non podemos facer é de maneira drástica, sen ter ningún elemento adicional preparado cortar de raíz todo este fenómeno. Porque estamos diante dun recurso turístico que está en boga, que conta nestes momentos cunha campaña publicitaria externa das mellores que poida haber, e que por tanto debemos preguntarnos se non deberíamos aproveitar este filón para dar a coñecer o entorno en xeral”.
O alcalde considera que “restrinxindo o acceso de maneira drástica, corremos o risco de que se corte esa corrente turística que tería unhas consecuencias económicas públicas e privadas moi graves. Noutras palabras, falamos de que hai que restrinxir, pero debe haber medidas alternativas apropiadas xa en funcionamento para atender ao potencial fluxo de visitantes que chegan. O símil é moi fácil, é coma se no estadio do Madrid, do Deportivo ou do Celta, soamente puidesen entrar 4.000 persoas, dicíndolles aos demais que quedan fora que non poden entrar. Deberíamos ter algo alternativo para que esas miles de persoas que quedan fóra non se acabaran defraudando, frustrando e marchando de Ribadeo e da comarca. Son necesarias outras alternativas e de aí que cobren sentido todo os pronunciamentos do pleno do Concello, por maioría moi ampla, e tamén da Deputación de Lugo de converter toda a costa de Ribadeo en parque natural para dar saída e alternativa de visita porque temos unha costa que está virxe en moitos aspectos e que é unha fonte de riqueza dende o punto de vista medioambiental, pero tamén dende o punto de vista económico para todo o sector turístico de hostalería, comercio e hoteis que temos non só na propia vila, senón nas parroquias de Rinlo e A Devesa”.
Fernando Suárez avoga por “ir facendo gradualmente, todo os axustes e todos os arranxos de acordo coas administracións implicadas, non soamente coa Xunta, senón tamén coa Deputación e co Ministerio, que é algo que a día de hoxe botamos en falta. Polo tanto, queremos seguir traballando en conxunto.
Propuxémoslle todas estas medidas á Xunta de Galicia, que espero que sexa tan leal coma nós o estamos sendo no sentido de explicar punto por punto como se deben facer as cousas, non soamente pedir que se cambien, senón dicir como se deben facer”. E agarda que “dentro dun tempo, cando saquen xa este programa máis avanzado, con medidas moito máis concretas, teñan en conta estas apartacións que dende o Concello e a través do estudio e do coñecemento de moita xente especialista en medio ambiente, en turismo, en conservación do territorio, en economía e un largo etcétera, poidamos ter o mellor para os veciños de Ribadeo, para o sector servizos que é o sector máis potente da economía local, e para os veciños da vila e das parroquias afectadas por toda esta proposta positiva que temos”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



