Santiago de Compostela, 29 de outubro de 14. O Pleno do Parlamento aprobou este mércores unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que sancione ao bancos que a día de hoxe seguen impoñendo cláusulas suelo nas hipotecas, malia ter sido prohibidas polo Tribunal Supremo. A iniciativa foi votada a favor polo PP, que cambiou o sentido do seu voto logo da intervención en contra do portavoz, Jaime Castiñeira.
O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, demostrou que a competencia para resolver as reclamacións polas cláusulas suelo correspóndelle a Consumo e non ao Banco de España, como defendía o goberno central e o PP. sinalou que así o establece a memoria do Banco de España de 2010, que logo de ter privatizado o servizo de reclamacións está a remitir ás protestas aos órganos de consumo.
Sinalou o caso doutras comunidades autónomas, como é Asturias, que está utilizando o seu Instituto de Consumo para resolver as reclamacións a favor dos usuarios, tal e como ditaminou o Tribunal Supremo, declarando as cláusulas abusivas xa en dous sentenzas consecutivas. Ademais reclamoulle ao goberno galego que explique que a retirada da cláusula está exenta do imposto de transmisións patrimoniais.
González Santín obrigou ao PP a cambiar o sentido do seu voto no debate desta proposta na que lle reclamou ao goberno galego que habilite os mecanismos necesarios para sancionar estas prácticas a través do Instituto Galego de Consumo. Ademais, demanda que “se lle de a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios a dispor dos afectados” por estas prácticas abusivas.
González Santín advertiu que o goberno galego, a diferenza doutros executivos autonómicos, “non ten feito absolutamente nada para defender aos consumidores” malia contar cos instrumentos precisos. Así, explicou que a Lei galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle sancións de ata 600.000 euros no caso de infraccións moi graves.
Abuso
O deputado socialista presentou esta proposta de constatar que “moitas entidades bancarias se resisten a retirar as cláusulas suelo dos contratos hipotecarios”, co que “xogan un papel de abuso sobre os consumidores”. Estes vense abocados a recorrer aos servizos de atención ao cliente, ao departamento de Reclamacións do Banco de España e mesmo á vía xudicial.
Malia que as sentenzas xudiciais en todo o Estado obrigan ás entidades financeiras a retirar ditas cláusulas, estas persisten, obrigando aos usuarios a afrontar uns trámites “lentos e gravosos”, ata o punto de ter colapsado o servizo de reclamacións do Banco de España.
Este organismo viu cómo dun ano para outro as reclamacións aumentaban un 246 por cento, alcanzando un total de 35.185 en 2013, o 51 por cento delas, mais de 18.000, relativas á aplicación das cláusulas suelo.
Texto da iniciativa aprobada:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que habilite os mecanismos necesarios para que o Instituto Galego de Consumo adopte as medidas sancionadoras oportunas contra as entidades financeiras que persistan no abuso de non retirar as “cláusulas suelo” dos contratos bancarios con particulares ao tempo que se lle de a máxima cobertura aos consumidores poñendo todos os medios necesarios a dispor dos afectados polas cláusulas suelo”.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



