Lugo, 12 de outubro de 2014. O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez, recoñeceu esta mañá o traballo “discreto, eficaz e disciplinado” dos axentes da Garda Civil no acto castrense organizado pola Comandancia de Lugo con motivo da festividade do Pilar, Patroa do Corpo.
No transcurso do acto, que estivo precedido dunha misa oficiada na parroquia de San Francisco Javier, procedeuse á imposición de condecoracións a catorce gardas civís, un policía nacional e unha funcionaria do Servizo Público de Empleo Estatal (SEPE), que foron distinguidos pola labor desenvolvida ao longo do ano:
*Cruz do Mérito Militar con distintivo blanco
-Sarxento José Ángel Quintas González
-Garda civil Juan Carlos Capón Ferreiro
-Garda civil Miguel Abelairas Pampín
*Cruz da Orde do Mérito da Garda Civil con distintivo blanco
-Sarxento Sergio Martínez Núñez
-Cabo Alfonso Carlos Otero Fernández
-Cabo Alberto Abeijón Abeijón
-Garda civil Jorge Ramón López López
-Garda civil Juan Jesús Mato Muinelo
-Garda civil Antonio Redondo González
-Garda civil en reserva Andrés José López López
-Garda civil retirado Óscar Emilio Reija Fernández
-Policía nacional Jesús Fernández Álvarez
-Funcionaria do SEPE María del Carmen Teijeiro Varela
*Cruz da constancia no Servizo (modalidade ouro)
-Garda civil Ramón Pena López
*Cruz da constancia no Servizo (modalidade prata)
-Garda civil Manuel Ángel Carballido Seijas
-Garda civil Ramón Paz Fernández
No acto rendeuse tamén unha homenaxe ao garda civil máis antigo da institución na provincia, José López Mariño, de 94 anos e veciño do Incio.
O subdelegado do Goberno presidiu a celebración, na que tamén participaron o xefe da Comandancia de Lugo, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias; o alcalde de Lugo, José López Orozco; o xefe territorial da Vicepresidencia da Xunta, Xosé Manuel Rozas; o deputado provincial, Álvaro Santos; e o comisario xefe provincial do Corpo Nacional de Policía, Manuel Teijeiro; entre outras autoridades e representantes das forzas de seguridade.
INTERVENCIÓN DO SUBDELEGADO
No seu discurso, o subdelegado do Goberno recoñeceu e valorou a labor dos axentes da Garda Civil, un Corpo que con 170 anos de historia “é capaz de manter e aumentar o seu prestixio día a día” e conségueo, segundo considerou, “mantendo plenamente vixentes os valores da súa fundación, tales como a humildade e a vocación de servizo, ao tempo que se renova de xeito constante para afrontar os novos retos e desafíos da sociedade”. Neste sentido, referiuse á incorporación da muller á Garda Civil, un “fito histórico” do que este ano se celebra o 25 aniversario “e que supuxo romper cos roles e estereotipos asentados na sociedade ata ese momento”.
Ramón Carballo reiterou ademais o “compromiso do Goberno para modernizar as estruturas policiais e dotar aos axentes das mellores condicións posibles, incluso en momentos coma o actual, no que a contención do gasto é inevitable por mor da crise que comezamos a deixar atrás e que nos obriga a facer un esforzo extra para xestionar, dun xeito austero e eficaz, os recursos materiais e humanos dos que dispoñemos”.
O representante do Goberno na provincia fixo referencia a algunhas novidades recentes no seo da Garda Civil na provincia, como a posta en marcha da Unidade da Garda Civil do Mar, en Viveiro, a creación do Equipo Roca, dedicado de xeito específico á seguridade no rural, ou a posta en funcionamento do novo edificio do Subsector de Tráfico, na Praza de Bretaña, que permite agrupar a todos os efectivos do subsector “dotándoo dunha maior operatividade e calidade na prestación do servizo”.
DESCENSO DA DELINCUENCIA
Ramón Carballo agradeceu aos axentes das diferentes unidades e especialidades da Garda Civil na provincia o traballo realizado ao longo do ano. “Aos axentes dos grupos de seguridade cidadá, da Unidade de Policía Xudicial, do Seprona, dos Equipos de Muller e Menor, de Intervención de Armas, do Subsector de Tráfico… grazas a todos polo voso traballo discreto, eficaz e disciplinado, que contribúe en boa medida a que a provincia se manteña como unha das máis seguras de España”.
Lembrou, neste sentido, que os delitos descenderon no que vai de ano na provincia e que, nos casos máis graves, “os autores foron detidos e postos a disposición da xustiza”. Aínda así, recoñeceu que “os logros non deben lugar á complacencia, senón que deben servirnos de estímulo para traballar máis e mellor para conseguir unha sociedade máis segura e libre de ameazas”.
O subdelegado quixo aproveitar ademais a ocasión para dirixirse ao xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o tenente coronel Miguel Ángel González Arias, cando está a piques de se cumprir un ano da súa incorporación ao posto: “Grazas pola túa xenerosidade e por demostrar que a honra e o sentido da responsabilidade da Garda Civil está por riba de todo”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



