Lourenzá, 1 de outubro de 2014. Na tarde de onte, martes 30 de setembro, reuniuse o xurado encargado de elixir o gañador do XVIII Concurso Fotográfico que se enmarca dentro das actividades da Festa da Faba de Lourenzá. Despois de valorar unha ducia de traballos recibidos dende toda Galicia e outras provincias españolas, o xurado decidiu finalmente adxudicar o premio desta edición ao viveirense Francisco López López pola súa serie de seis fotografías denominada A xoia de Lourenzá. O gañador recibirá o seu premio, consistente nun talón de 500 euros, o vindeiro sábado, 4 de outubro, no entorno do Claustro do Mosteiro. Farao nun acto no que responsables municipais do Concello laurentino tamén entregarán os recoñecementos desta XXIV Festa da Faba aos gañadores do Concurso de Tapas e á vencedora do Concurso do Cartel deste edición.
A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, foi a encargada de explicar que “nesta ocasión as series fotográficas foron valoradas por 3 profesionais do mundo da fotografía: a fotógrafa local Lucía Vale López, e os xornalistas Xaime F. Ramallal, de La Voz de Galicia, e José Mª Álvez, de El Progreso, actuando eu mesma de secretaria do xurado coma concelleira de Cultura con voz, pero sen voto dentro destas valoracións. Despois de efectuarse o reconto de votos, resultou gañadora a serie de seis fotografías denominada A Xoia de Lourenzá, cuxa autoría corresponde ó viveirense Francisco López López”.
A edil laurentina engadiu que “a entrega do premio, que consiste nun talón de 500 euros, terá lugar o vindeiro sábado, 4 de outubro, sobre as 12:30 horas no entorno do Claustro do Mosteiro. Conxuntamente faremos entrega dos recoñecementos aos hostaleiros gañadores do Concurso de Tapas e á gañadora do Concurso do Cartel da presente edición da Festa da Faba. Dende o Concello queremos destacar a calidade dos traballos presentados así como a creatividade dos participantes, que amosaron nas súas obras a beleza da nosa comarca, berce da faba que se festexa esta fin de semana.”





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



