Lugo, 2 de outubro de 2014. A Vicepresidencia da Deputación e Asociación de Familiares de persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro (AFAVI) asinaron este xoves un convenio a través do que a asociación de Viveiro, a única que neste eido que existe na comarca da Mariña, recibirá unha axuda de 5.000 euros. Á firma asistiron o vicepresidente e responsable da área de Benestar do organismo provincial, o nacionalista Antonio Veiga, e o novo presidente de AFAVI, Ricardo Piñeiro López.
AFAVI atende no seu local situado no local de asociacións do convento de San Francisco a unha ducia de persoas afectadas pola enfermidade de alzheimer, ás que ofrece servizo de acollida e primeira atención, orientación e asesoramento en recursos sociais, e actividades como ximnasia adaptada ou talleres de estimulación cognitiva, entre outras. De feito, estes 5.000 euros son para cubrir unha parte dos gastos derivados do ‘Programa de estimulación e mantemento cognitivo en persoas maiores’.
Veiga gabou o traballo realizado por esta asociación e comprometeu o apoio da institución a colectivos que, coma este “suplen a irresponsabilidade da Xunta de Galiza do Partido Popular, que deixa abandonadas ás persoas dependentes do noso país, sen axudas e sen servizos sociais necesarios”. Así mesmo, afirmou que “en cuestión de servizos sociais non cabe ningún tipo de recorte”, polo que “cos recortes de Feijóo faise aínda máis importante a labor destas asociacións e o apoio da Deputación serve para cubrir os ocos que vai deixando Feijoo”, que colabora con outros colectivos de familiares de enfermos de alzheimer existentes noutros tres lugares da provincia (Monforte, Lugo e Chantada). En total, lembrou Veiga, a Deputación destina 2,8 millóns de euros anuais a atención a persoas dependentes. “A liña seguida nos últimos anos desde a área de Benestar foi a de incrementar as dotacións orzamentarias e as axudas a colectivos como os que melloran as condicións de vida dos enfermos de alzheimer”, puntualizou.
AFAVI é unha asociación sen ánimo de lucro creada en xaneiro de 2005 ante a necesidade de atender as demandas dun grupo de familiares de enfermos de alzheimer, co obxectivo de conseguir unha maior calidade de vida tanto para os enfermos como para os seus coidadores e, ao mesmo tempo, difundir na sociedade a existencia desta enfermidade e sensibilizar á opinión pública e ás institucións sobre a carga familiar que supón atender a unha persoa afectada pola mesma, así como fomentar a investigación científica sobre este tipo de demencia. Que os usuarios desta asociación consigan o maior grado de autonomía posible e evitar o seu illamento potenciando as relacións e actividades sociais gratificantes son outras das premisas que se marcan desde AFAVI.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



