A Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) mobilizouse hoxe diante do Hospital da Costa contra os orzamentos da Xunta para 2015 e contra o Anteproxecto de Lei de Emprego Público. Denuncia que para o vindeiro ano mantéñense os recortes salariais dos empregados/as públicos/as -que xa perderon entre 2010 e 2014 o 30,9% do seu poder adquisitivo- e impóñense unhas taxas de reposición que afondarán na destrución do emprego e dos servizos públicos.
Adolfo Corral Calviño, delegado da CIG Saúde A Mariña explicou que con estas mobilizacións preténdese manifestar a “rotunda oposición” a uns orzamentos que “non teñen intención de recuperar nin o emprego, nin os salarios”.
Neste sentido, denunciou que nos últimos 5 anos acumulouse unha merma de poder adquisitivo do 30,9% e presentou un cadro no que se recolle a evolución do IPC e as consecutivas rebaixas salariais, que constatan esa perda continuada de salarios.
INDICE DE EVOLUCIÓN DO IPC E SUBA SALARIAL NOS ÚLTIMOS 5 ANOS (1-1-09 a 30-9-14)
| ANO | IPC GALIZA | IPC ESTADO | SUBA SALARIAL | DIF GZ | DIF ESTADO |
| 2009 | 2,6% | 2,1% | 2% | -0,6% | -0,1% |
| 2010 | 4,5% | 4,0% | -5% | -9,5% | -9,0% |
| 2011 | 3,6% | 3,1% | 0% | -3,6% | -3,1% |
| 2012 | 4% | 4% | -7% | -11% | -11% |
| 2013 | 2% | 1,6% | -4% (Autonómica) | -5,6% | |
| 2014 | (Xan. a Set.)0,6% | -0.5% | 0% |
-0,5% | |
| TOTA | 17,3% | 15,3% | -18% | -30,9% |
Fonte: INE e Orzamentos Xerais do Estado e Xunta de Galiza dos anos correspondentes.
Denunciou ademais que os orzamentos limítanse a recoller as liñas marcadas desde Madrid, agás en aspectos como os retributivos nos que a Xunta ten competencias que utiliza para manter as reducións das pagas extra, a diferenza do persoal do Estado.
Por iso subliñou que con estas mobilizacións o que se demanda é un cambio nas políticas neoliberais do executivo galego; a recuperación do poder adquisitivo do persoal dependente da Xunta de Galiza e a supresión dunhas taxas de reposición que afogan os servizos públicos minguando a súa calidade. Isto xunto coa exixencia de que se devolvan, enteiras, as pagas extra de todos estes anos.
Corral Calviño tamén alertou da extrema gravidade do Anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galiza, que “ten pouco de emprego e de público” e denunciou que o seu obxectivo é, máis unha vez, a destrución dos servizos públicos.
660 millóns de € de orzamentos menos, desde 2009, para o ensino público
Os orzamentos de 2015 afóndase aínda máis no “desmantelamento do ensino público”. Lembran as carencias que se evidenciaron no comezo deste curso escolar, nomeadamente canto a profesorado e consideran absolutamente insuficientes as taxas de reposición do 50% para o Ensino. Sobre todo tendo en conta que desde 2009 xubiláronse 4.000 profesores/as e que só houbo unha oferta de emprego de 585 prazas.
Por iso reclaman que como mínimo se convoque unha oferta de emprego, en todos os niveis educativos, en número igual ás vacantes que por xubilacións ou outros motivos, se produzan.
Xunto a isto denunciaron que para 2015 continúan a reducirse os orzamentos en Educación, que diminuíron desde 2009 en 660 millóns de euros, un 33% menos respecto a hai cinco anos. Alertaron que isto provocará que se amplíen as diferenzas sociais ao reducirse os servizos complementarios e a atención ás necesidades especiais, porque poderán acceder a estes servizos quen teñan cartos para asumir o seu custo. Fronte a iso denunciaron que, porén, destínanse 250 millóns de euros para o ensino privado concertado.
Un mínimo de 11 millóns de euros dos orzamentos de Sanidade para pagar os canons das privatizacións
Os orzamentos en Sanidade Pública recortáronse en 400 millóns de euros desde o ano 2009, e incrementáronse en 11 millóns de euros as partidas orzamentarias destinadas a sanidade privada.
Fronte a isto, denunciou que baixan os orzamentos destinados a Atención Primaria, Protección e Promoción da Saúde Pública, a Investigación Sanitaria e a formación de graduados e postgraduados.
De feito en declaracións feitas hoxe á prensa polo Xerente Provincial da sanidade de Lugo, García Quintáns, anuncia a súa intención e a do SERGAS en continuar recortando e destruíndo prazas nos Centros de Saúde de Atención Primaria da nosa comarca.
Para CIG Saúde A Mariña tamén é absolutamente insuficiente a anunciada taxa de reposición do 50%. Neste sentido, lembrou que se amortizaron máis de 3.000 prazas entre o 2011 e o 2014 e esixiu o cumprimento da lexislación vixente para que se poña en marcha o sistema numérico de identificación de prazas, a fin de saber exactamente cal é o cadro de persoal do SERGAS.
Dende CIG Saúde tamén denunciaron que a Xunta nin sequera vai devolver a parte devengada da paga extra de 2012 ao completo como no resto do estado, senón en dous prazos, un en 2015 e outro en 2016. Queren deixar claro que isto non é un acto de boa fe tal como están a vender, senón obrigada polas múltiples sentenzas ditadas por distintas instancias xudiciais.
Dende CIG-Saúde A Mariña demandan cobrar o 100 % da paga extra, ao igual que acontece no resto do estado español, xa que aquí na Galiza, o PP aplicou un recorte autonómico no 2013 polo que as empregadas e empregados públicos non cobran dende entón a totalidade da devandita paga, recorte que Feijóo mantén para 2015.
A central nacionalista tamén esixe a recuperación da carreira profesional e denuncian a actitude mantida pola Consellaría de Sanidade negando o dereito que teñen os profesionais do sistema sanitario galego ao recoñecemento profesional.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



