A empresa Grupo Soil, adxudicataria da recollida selectiva no Concello de Foz recala ca súa campaña de concienciación “Recicla con Grupo Soil” no Concello de Foz dirixida a comunidade educativa do concello.
O obxetivo desta campaña que pon en marcha Grupo Soil en colaboración co Concello de Foz é impartir unhas charlas didácticas, dinámicas e participativas sobre una separación correcta dos distintos residuos, o fomento da estratexia das 3R (Reducir, Reutilizar e Reciclar) así como introducir conceptos máis actuais da xestión de residuos como a compostaxe ou o correcto uso dos puntos limpos.
En total serán 233 alumnos do colexio nº1 e do colexio Cantel os que disfruten desta campaña o venres 7 de Novembro e poidan resolver as súas dúbidas sobre unha correcta xestión dos distintos residuos.
Grupo Soil leva a cabo a recollida selectiva do Concello de Foz dende hai moitos anos, obtendo grazas á inestimable colaboración do Concello de Foz e da súa cidadanía uns resultados que mostran un incremento da participación en canto a cantidade de quilos de envases depositados no contedor amarelo, e da calidade dos mesmos.
O Concello de Foz e Grupo Soil crearon fai xa uns anos unha comisión de traballo que permitiu darlle a volta a situación da recollida selectiva no concello.
Para elo, ademais destas campañas nos centros educativos, incrementáronse nun 12,34 % os contedores amarelos dende 2012 ata a actualidade, o que fixo que no 2013 se recolleran un 5,1% mais de envases lixeiros nos contedores amarelos que no 2012.
Este dato é dobremente beneficiosos por compensar a diminución dos residuos xerados pola situación de baixo consumo que se está vivindo na actualidade e porque redúcese a factura co Concello de Foz tén que pagar a SOGAMA xa que o incremento de kilos recollidos nos contedores amarelos permite reducir a factura que o concello paga a SOGAMA polos residuos dos colectores verdes.
Compre salientar tamén o salto espectacular na calidade da recollida selectiva no Concello de Foz pasando dun 37,07 % de impropios en Septembro de 2011 a un 27,62 % de impropios en Septembro deste ano 2014.
Debe mencionarse que é moi importante a separación correcta dos residuos, e reseñarse que o que pode depositarse no contedor amarelo son unicamente envases de plástico, envases metálicos e bricks.