Foz, 21 de novembro de 2014.- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública dirixiuse por carta ao Xerente de Atención Primaria da provincia de Lugo para expoñerlle o problema da sustitución do médico de familia do turno de tarde,que está de baixa desde o verán e que atendía aos seus pacientes cinco días á semana, por outro profesional que os atende tres días nada máis, causando serios trastornos aos usuarios que ven reducido o seu tempo de atención .
A Comisión ,ademais de pedir información sobre as causas deste recorte e sobre as previsións de futuro da Xerencia sobre o tema, reclama,na carta firmada polo seu portavoz Atilano Fernández, a reposición do servizo na súa forma anterior, é decir, cinco días á semana,para solucionar un problema que afecta aos usuarios do turno de tarde e aos veciños en xeral.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



