A Mariña, 3 de novembro de 2015. A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña pon en dúbida a capacidade operativa do anunciado hospital de día oncolóxico no Hospital da Costa á vista dos pasos que se están a dar que mais ben responden a criterios político-electorais que sanitarios e de eficacia asistencial.
Desde a Plataforma piden que se aclare con que persoal sanitario, Desde a Plataforma “piden que se aclare que dotación de persoal vai ter o servizo, si se vai aumentar o cadro de persoal ou se van suprimir prazas noutros servizos para, con eses cartos, crear este como sucedeu coa posta en funcionamento do Servizo de Hospitalización a Domicilio(HADO). Como se vai organizar a participación en comités clínicos, discusión de casos cos outros servizos do centro, seguimento dos doentes, etc), cales son as previsións para organizar o servizo de farmacia, fundamental neste tratamento, e dos centros de saúde(rutinas de extraccións, etc.) para permitir unha prestación dos servizos de quimioterapia óptimos, satisfactorios e que garantan a seguridade para o doente e o persoal sanitario”. Descoñécese tamén, a día de hoxe, “cantos doentes está previsto atender ao día e cantos días á semana estará operativo o servizo”.
O colectivo argumenta que a día de hoxe, “ao marxe da habilitación dunha sala “que nalgún momento tamén parecía estar destinada a hospital de día non oncolóxico, agora semella que so exclusivamente oncolóxico, non hai nada feito”. A plataforma “denuncia sensación de improvisación, desorganización e desprezo cara o persoal sanitario que finalmente vai atender o servizo para poñer en primeiro lugar os anuncios electoralistas en favor do lucimento persoal e político de determinados dirixentes do Partido Popular na comarca”.
É coñecida a saturación de traballo existente, tanto no Hospital como nos centros de atención primaria da comarca, onde o persoal existente fai fronte a sobrecargas de traballo por falta de novas contratacións, substitucións e cobertura de baixas por xubilación. Vai ser difícil, explican, que coa situación actual de falta de medios humanos, organizativos, e técnicos, se poda atender coa eficiencia debida este novo servizo.
Desde a Plataforma insisten en que a propia Estrutura Integrada con dirección en Lugo, “fai que a dirección en Burela non teña capacidade nin autonomía para decidir sobre as necesidades de persoal, medios técnicos e organizativos que permitan cubrir as necesidades reais da comarca”, polo que nesa función de “simples recadeiros das ordes emitidas desde a xerencia provincial, é imposíbel atender un servizo de tal complexidade”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



