Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
1º) No pleno do 01/08/2013 acordouse por unanimidade, dedicar a parcela situada nas inmediacións da ponte da Misericordia, ó lado do INEM , para fins de utilidade pública e interés social, motivo polo que se solicitou a súa desafectación e cesion ó Concello. Transcurrido máis dun ano do mencionado acordo, dita parcela encontrase nun estado de total abandono, presentando abundante maleza e incluso basura, ó que hai que engadir que unha parte do muro de peche está derruido. Así mesmo a vivenda nº 34 da rúa Misericordia – ó lado da mencionada parcela – atopase en mal estado, con posible risco para os viandantes que transitan pola zona. Por estas razóns ROGAMOS ó equipo de Goberno:
• Que se corte a maleza e se limpe dita parcela, e que se cumpla o acordo do pleno de darlle unha utilidade pública por parte do Concello, así como, que por parte dos técnicos municipais se proceda a revisión da mencionada vivenda, para valorar os posibles riscos anteriormente sinalados e evitar na medida posible accidentes innecesarios.
2º ) No Barrio de Sacido , algunhas pistas das Pallaregas e rúa da Parrela da parroquia de Covas, Castelo en Magazos , Xota e Granxa en Vieiro , observanse varios accesos ás vivendas con fochancas , saltaduras e pedras soltas , polo que ROGAMOS á Alcadesa a súa reparacion no menor tempo posible .
3 ) Os Camiños peatonales conocidos como Camiño da Furadiña , que vai desde a rúa Rego das Flores ata a rúa Alfonso Fernández Rivas, así como o Carreiro da Vía desde a rúa Manuel Gómez Blanco ata a estrada das Nogueiras, os dous do Barrio de Penjamo, presentan abundante maleza. Como queira que a súa limpeza é competencia municipal, e polo que ROGAMOS ó Goberno Local que adopte as medidas necesarias e proceda á limpeza dos mesmos.
4º) Na rúa do Porto de Celeiro as árbores non se coidaron axeitadamente, motivo polo que algúns secaron e agora dan unha imaxe lamentable de abandono, o que habería que sumarlle o mal estado da farola do alumbrado público situada ó lado da parada de taxis desta rúa. Por este motivo ROGAMOS ó Goberno local que se tomen as medidas necesarias para a recuperación das árbores e se proceda a reparación da farola mencionada, ó obxecto de que esta rúa presente un aspecto máis coidado.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



