A Mariña, 11 de novembro de 2014.- Afeccionados á pesca do chipirón de distintos puntos da Mariña e Asturias organizan por primeira vez unha Quedada Solidaria a través da que, por unha banda, reuniranse para pasar unha xornada facendo o que máis lles gusta “a pesca do chipirón” e, á vez, contribuirán a unha actividade social relevante como é a recolleita de alimentos, roupa e xoguetes en beneficio de Cáritas.
COMIDA DE CONFRATERNIDADE E SORTEOS
O evento terá lugar este sábado, 15 de novembro e o punto de partida, nun amplo programa de actividades, levaralles as 15.00 horas ata o Restaurante As Cruces de O Vicedo. Alí reuniranse todos os inscritos “superan as 60 persoas” para gozar dunha comida de confraternidade a base de pulpo, croquetas e carne asada. Ese mesmo restaurante servirá como punto de recolleita dos produtos solidarios doados polos participantes e que se destinarán a Cáritas.
Ao finalizar a mesma, durante a sobremesa, terá lugar o sorteo de diverso materia de pesca (poteras, canas, carretes) cedido por distintas tendas e artesáns, colaboradores coa actividade, material que, no seu conxunto, teñen un valor que supera os 1.500 euros. Despois todos os inscritos trasladaranse ata un porto pesqueiro (o emprazamento definitivo farase público nese momento) para que poidan comezar coa pesca do chipirón, durante a tarde-noite.
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN
Os organizadores recordan que, aínda que xa son máis de 60 as persoas inscritas a través dos eventos creados en redes sociais como facebook, aínda é posible sumarse para participar nesta 1ª Quedada Solidaria, e de feito, ademais do grupo aberto nesta rede social facilitan unha serie de teléfonos de contacto como son 689 032 550 (Jorge) 662 117 962 (Jose), 647 247 195 (Fran), 619 536 256 (Borja), 635 687 117 (Dani).
Para inscribirse tan só é necesario abonar 20 euros, que dan dereito tanto a participar na comida de confraternidade e nos distintos sorteos, como tamén na xornada de pesca afeccionada, onde ademais repartiráselles un bocadillo, para amenizar a tarde.
FILA SOLIDARIA
Se outras persoas queren participar, pero pola razón que sexa non poden sumarse nin á comida de confraternidade nin á xornada de pesca na tarde-noite, poden facelo igual, entregando algún dos produtos que se doarán a Cáritas: alimentos non perecedoiros, roupa ou xoguetes en bo estado. Para iso deben poñerse en contacto con Elisabet Pena (615 321 386) encargada da fila solidaria.
Agradecen especialmente a aqueles que obtén polos xoguetes tendo en conta que se aproximan as datas de Nadal e que, o obxectivo é que ningún neno quede sen o seu xoguete.
Na recolleita destes produtos solidarios ademais dos organizadores colaboran tamén outras entidades como a propia Cáritas ou a asociación Cultural A Sombriza, de San Cibrao, que se encargará de custodialos e repartilos.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



