A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Vicedo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mañón organizan a charla “ACTIVANDO O TEU FUTURO”.
As OMIX de O Vicedo e Mañón, xunto coa Rede Galega de dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia organizan este sábado 8 de novembro ás 17.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo unha charla chamada “Activando o teu futuro”. Trátase dunha charla participativa onde técnicos da Xunta de Galicia falarán sobre os seguintes puntos:
-Busca de emprego: Define o teu obxectivo
-Simplifica o teu curriculum vitae
-A proba das redes sociais
-Adquire formación
-A importancia da educación non formal e voluntariado
-Descubre a túa vocación e activa a creatividade
-Creación da rede de contactos de emprego
A charla ten unha duración de hora e media e os menores de 30 anos obterán un certificado que acreditará a asistencia á mesma. Para poder asistir é imprescindible anotarse nos mails omix@concellodovicedo.org e omixmanon@yahoo.es.
OMIX O VICEDO
Tlf: 982 59 01 95
Facebook: Casa Cultura O Vicedo
Twitter: @xuventudevicedo
OMIX MAÑÓN
Tlf: 982 41 40 02
Facebook: Omix Mañón