Burela, a 17 de novembro de 2014.- O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou este luns nunha reunión con veciños do barrio de Os Castros que “o traballo que fixemos en tres anos comenza a dar froitos: a nova escola infantil, o acceso ó porto e a próxima ampliación do Hospital non serían posibles sen que tivéramos aprobado o Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)”.
González Barcia, xunto con membros do seu grupo de goberno e da dirección local do PP celebraron hoxe, luns, a terceira das seis reunións con veciños que teñen programadas para este mes de novembro. Neste caso, tivo lugar no barrio de Os Castros e asistiron unhas trinta persoas.
Sen citar a ningún partido político ó longo da súa intervención, Barcia foi tallante na súa intervención, e en todo momento explicou sen rodeos as casuísticas das cuestións que lle foron plantexadas.
O alcalde burelés salientou “a enorme importancia da posta en marcha do servicio de oncoloxía no Hospital, o que nos dá un plus de calidade asistencial, xa que se pasará de ir a Lugo ou a A Coruña a quedarse en Burela, co que se gaña en todos as aspectos”. Con todo, foi directamente ó grano no que se refire á afectación do PXOM a efectos de contribución urbana, e con planos sobre da mesa deixou claro que a afectación vai ser positiva para moitos propietarios que antes tributaban por urbana sen poder edificar, e agora tributarán como rústica.
González Barcia, que se mostrou mui satisfeito pola notable asistencia de veciños, tamén respostou ás preguntas formuladas polos asistentes sobre desbroce de camiños, ou recuperación de puntos de alumiado público, entre outras cousas.
O PP burelés, que se mostra satisfeito coa asistencia de veciños ás tres reunión que leva celebradas, continuará a ronda de reunión este vindeiro xoves, día 20, ás oito da tarde, no Bar Don Jamón. Posteriormente, os populares teñen previsto realizar outras dúas máis, no barrio de O Campón e no barrio do Porto.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



