Cando falamos de “Brecha Dixital” referímonos á falta de conexión a Internet nunha zona concreta ou á desigualdade que existe entre diferentes tecnoloxías TIC, como os ordenadores, a telefonía móbil, a banda ancha e outros dispositivos.
Hoxe en día, vivimos nun mundo onde a tecnoloxía e o acceso a Internet se converten nunha necesidade de consumo diario para moitas persoas, sobre todo para a poboación máis nova bautizados co nome de “nativos dixitais”.
Dende que espertamos somos consumidores incesantes de datos de Internet xa sexa a través do correo electrónico, as redes sociais, medios de comunicación dixital, etc… Pero aínda que isto te pareza algo lóxico, en realidade non o é para moitas persoas que carecen de Internet debido á brecha dixital que existe en diferentes comunidades.
Poboación “desconectada” en Galicia
Segundo datos extraidos de diferentes informes, en Galicia, 126.378 cidadáns non teñen acceso a cobertura de banda ancha o que corresponde ao 3,9% dos fogares. Os habitantes “desconectados” quéixanse de que non están a aproveitar as vantaxes que ofrece Internet debido á brecha dixital que existe na súa Comunidade Autónoma.
Hoxe en día, vivimos nun mundo onde a tecnoloxía e o acceso a Internet se converten nunha necesidade de consumo diario para moitas persoas, sobre todo para a poboación máis nova bautizados co nome de “nativos dixitais”.
Dende que espertamos somos consumidores incesantes de datos de Internet xa sexa a través do correo electrónico, as redes sociais, medios de comunicación dixital, etc… Pero aínda que isto te pareza algo lóxico, en realidade non o é para moitas persoas que carecen de Internet debido á brecha dixital que existe en diferentes comunidades.
Este “Ranking” encabézao Lugo con arredor 36.000 habitantes desconectados, séguelle de preto A Coruña con 34.000 habitantes, por detrás está Pontevedra con case 30.000, e por último, Ourense cuns 27.000 habitantes que sofren os inconvenientes da brecha dixital.
Os municipios máis afectados pertencen a Pontevedra e son Tomiño, Mos e A Cañiza sumando un total de 10.000 persoas sen Internet. Na Coruña son Ortigueira, Mesia e Laracha, con 3.500 aproximadamente. En Lugo, os principais afectados son Guitiriz, Lugo e Vilalba con 3.800 persoas sen acceso a Internet. En Ourense, o municipio menos “conectado” é Boborás, seguíndoo O Pereiro de Aguiar e Vilardevós os cales suman 2.000 persoas sen acceso á rede.
Datos da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia é consciente de que non dispoñer de conexión a Internet nos tempos que corren é prexudicial para a economía Galega, e tamén, que supón unha desvantaxe competitiva para esa parte da poboación que sofre as causas da brecha dixital.
O diñeiro é outro dos principais motivos polo que parte da poboación non pode conectarse á rede de redes. Máis do 30% dos fogares galegos non están conectados a Internet polo “alto custo” que supón a compra dun ordenador ademais do gasto mensual da factura de Internet.
Por suposto, a crise axudou a que Internet sexa un luxo para moitas familias. No ano 2006, o 14% da poboación non tiña Internet polo custo que supón, pero a pesar de que os prezos baixaron, a porcentaxe creceu ata o 30%.
A pesar desa estatística, a Xunta alegou que houbo avances significativos no uso das TIC por parte da comunidade Galega. En 2007, soamente o 4% dos habitantes de Galicia accedían a Internet dende o móbil. Na actualidade, máis do 65% dos galegos teñen acceso a Internet dende os seus dispositivos.
Subvencións de Agader para combater a brecha dixital
O Internet por satélite é unha tecnoloxía que permite conectarse a Internet con velocidade de 22 Mbps de banda ancha, practicamente dende calquera punto da península. Por iso, é un sistema importante para abastecer de Internet aos pequenos municipios ou zonas rurais sen cobertura doutras tecnoloxías como o ADSL ou a fibra óptica.
• Dende o ano 2010 e ata o pasado mes de Setembro, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) subvencionou a miles de familias galegas a instalación de Internet por satélite en calquera municipio ou zona rural da Comunidade que non tivera boa cobertura de acceso a Internet. O obxectivo desta iniciativa era diminuír o gran elevado número de persoas que sufrían as consecuencias da brecha dixital en Galicia.
A subvención consistía en que AGADER soportaba o custo da instalación (ao redor de 150 €), polo que isto permitía acceder a este tipo de servizo sen que a persoa tivese que sufragar o custo inicial da devandita instalación.
Os requisitos necesarios para acceder á subvención eran os seguintes:
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non dispoñer dunha conexión superior a 2 Mbps de velocidade.
Sufrir frecuentes cortes ou caídas na conexión de Internet.
Non ter sido beneficiario antes dunha subvención para o mesmo concepto.
No caso de que o solicitante fose unha empresa, facerse cargo do IVE da subvención.
Ademais, EuronaSAT, que é unha das delegacións da principal empresa en servizos de Internet por satélite a nivel nacional (Eurona Telecom), subvencionaba a cota do primeiro mes para achegar máis facilidades aos clientes. Soamente o traballo realizado por EuronaSAT, axudou a máis de 2300 clientes de toda Galicia puideron acceder a esta subvención entre o ano 2012 e 2014.
Esperemos que a brecha dixital en Galicia siga diminuíndose e que pouco a pouco poidamos conseguir que a Comunidade Galega non lidere o Ranking das C.C.A.A. co maior número de poboación “desconectada”.
Como credes vós que esta situación pode afectar á economía dunha Comunidade Autónoma? Que accións deberían tomar os gobernos autonómicos para solucionar este problema?