Comeza o curso de restauración de mobles organizado polo Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo e que terá lugar nas tardes dos mércores ata finais de decembro. Os interesados poden achegar mobles seus ou axudar a restaurar os existentes no edificio da sociedade. A intención é chegar a formar un obradoiro permanente de restauración. De xuntarse xente interesada, comezaría unha vez rematado este vindeiro curso. Para os socios será de balde, e para os demais custará 5 euros. Os interesados en inscribirse poden chamar ó 695 372 375. E, por outra banda, o xoves 13 de novembro celébrase a partir das 21.00 horas na sede da sociedade (Afonso VII, 14) unha nova xuntanza para concretar máis cuestións dos grupos de traballo que terán como obxectivo a organización das distintas actividades.
Curso e reunión no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo
Curso e reunión no Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”