Foz, 14 de novembro de 2013. A Escola de Hostalaría do IES de Foz acollerá o vindeiro luns, a partir das 12.00 horas, unha masterclass durante a que o alumnado se poderá familiarizar con máquinas de café pouco comúns en establecementos e fogares, como a aeropress, a chemex ou a cada vez máis popular na alta cociña cafeteira sen carga. E, ademais, poderán ver en directo o proceso do tostado dos grans do café.
A actividade é coorganizada pola Escola Cafento, na que comezou a súa formación barista o asturiano Adrián Fernández, que o pasado 21 de outubro proclamouse mellor barista de España, e que será un dos poñentes da actividade.
Ao seu lado estará Diego López, formador de Escola Cafento, un dos primeiros baristas de España e mentor do asturiano ao longo da súa carreira que, ademais do título nacional, suma outros catro de Campión Barista de Asturias.
Unha actividade que sen dúbida contribuirá a afianzar o apelativo de Catedral do Barismo de España atribuído á Escola no mundiño barista e nos medios de comunicación.
Sobre a Escola Cafento
Máis de 15.000 clientes, máis de 5.000 alumnos formados, máis de 1.000 horas de formación impartidas nas oito aulas que se estenden por toda España. Este é o principal aval da Escola Cafento, o proxecto de formación e desenvolvemento da cultura do café posto en marcha por Cafento.
Nas súas aulas, e a través da web www.escuelacafento.com, a Escola Cafento desenvolve un completo programa de formación e desenvolvemento da cultura do café. E non só iso: tamén desenvolve actividades de formación noutras categorías de produtos, como tés, infusións e chocolate.
Neste sentido, a Escola Cafento celebra periódicamente cursos, seminarios, catas guiadas, sesións de preparación para campionatos baristas e distintas actividades que combinan a formación e o desenvolvemento da cultura barista entre profesionais e empresarios da canle horeca.
Entre os seus formadores baristas conta con algúns dos máis experimentados de España na profesión, varios xuíces baristas homologados polo Fórum do Café e dous campións baristas autonómicos. Ademais, en Escola Cafento formáronse xa os vencedores de 13 campionatos baristas autonómicos e Adrián Fernández, Campión Barista de España 2014.