O BNG de Foz organiza o sábado 8 de novembro ás 18.30 horas, na Casa da Cultura, un acto informativo sobre “O nacionalismo galego hoxe”, que será presentado pola responsable local Lorena Seivane, e no que intervirán a responsable comarcal Ana Ermida e os membros da executiva nacional Xavier Campos e Xosé Antón Rubal.
O acto pretende ofrecer a todas as persoas da nosa comarca unha visión da realidade actual do nacionalismo exposta brevemente e con claridade, e rematará cun coloquio con tod@s @s asitentes que queiran participar coas súas preguntas e aportacións. Temas como a autodeterminación, a soberanía ou a unidade do nacionalismo serán abordados neste acto que tentará aportar algo de luz ás dúbidas que existen sobre eles.
O Bloque convida a todos os veciños e veciñas de Foz e da Mariña a participar nesta actividade, que ten como obxectivo dar a coñecer aos asistentes os principios políticos e organizativos do nacionalismo do BNG.
Lorena Seivane.