Cervo, 26 de novembro de 2014- O Concello iniciou esta semana unha campaña de mantemento e conservación da principal estrada de acceso a San Cibrao, de titularidade da Deputación de Lugo. Cabe destacar que estas tarefas son competencia do Goberno Provincial, que ten a obriga de ter as súas vías en bo estado. Como é habitual, o Concello enviou numerosos escritos a esta administración explicando a situación de perigo e abandono destas estradas, pero que non tiveron efecto.
Así, o Concello decidiu asumir eses traballos cos seus propios recursos, tendo en conta especialmente os problemas de inseguridade e estéticos, tal e como tamén denunciaron xa colectivos veciñais. Hai que destacar que a brigada de obras municipal está levando a cabo tarefas como a roza da maleza que invadía as beirarrúas, pero tamén outras labores de calado, como a limpeza das estradas, que acumulaban grandes cantidades de terra nas súas marxes, ou incluso nos sumidoiros, co obxectivo de evitar balsas de auga ou problemas de circulación durante as enchentes ou temporais.
Uns traballos que “corresponden en realidad al servicio de conservación de carreteras de la Diputación, totalmente ausente en el concello de Cervo”, denuncia a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, que lembra tamén que “estas tareas en las carreteras provinciales tenemos que compaginarlas con los trabajos en carreteras locales, parques y demás espacios públicos que si son de nuestra competencia”.
“Cuando hablamos de carreteras también tenemos que pensar en todas las personas que caminan o circulan por ellas, en su seguridad, y en los problemas o accidentes que puede causar una vía en mal estado”, engade Alonso, que lamenta “la falta de sensibilidad de la Diputación con esta situación y con los vecinos”.

























A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



